Obradoiro pra superación da dor e o dó

Posted by Xoán Abeleira | Posted in cursiños | Posted on 23-01-2012

O centro de saúde e desenvolvemento persoal, Psicosom, propónnos pró mes de febreiro un obradoiro sumamente beneficioso e útil pra aprender a superar calquera fase de dó persoal (evolutivo, afectivo, social, corporal…). Recoméndovolo encarecidamente:

http://psicosom.blogspot.com/2011/11/taller-para-manejo-del-duelo-proceso.html

http://www.facebook.com/xoan.abeleira?ref=name#!/events/305394322835747/

Chuzame! A Facebook A Twitter

OBRADOIRO DE ESCRITA POÉTICA

Posted by Xoán Abeleira | Posted in cursiños | Posted on 15-12-2011

 

EU É UN OUTRO. Introdución á poesía moderna. A creación como método de coñecemento e de (pro)cura interior. 

Obradoiro de poesía impartido por Xoán Abeleira-

http://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Abeleira

http://xoanabeleira.blogaliza.org/ 

Prazas: 15 máximo. 

Prezo: 150 euros (a pagar consonte as posibilidades de cada quen). 

Duración: tres meses (unha clase á semana, dunha hora e media de duración), con posibilidade de prolongar o curso. 

Datas: do xoves 2 de febreiro ó 19 de abril do 2012. Os xoves de 19.30 a 21.00 horas ou de 20.00 a 21.30 horas (consonte a conveniencia da maioría da xente interesada no obradoiro). 

Lugar: Centro Psicosom.

Rúa Federico Tapia nº 43, 2ª esquerda. 

Información: Xoán Abeleira. Teléfono 686397847. E-mail: xabeleira@mundo-r.com 

Programa:

No obradoiro mesturaremos a teoría coa práctica poética. Por unha banda, e tomando o poeta francés Charles Baudelaire como punto de partida, percorreremos o desenvolvemento da poesía moderna universal, dende o simbolismo ata as vangardas de principios do século XX, lendo, analizando e comentando os textos claves das súas principais figuras: Charles Baudelaire, Arthur Rimbaud, Jules Laforgue, Walt Whitman, Emily Dickinson, Stéphane Mallarmé, Guillaume Apollinaire, T. S. Eliot, Ezra Pound, os poetas expresionistas alemáns, os poetas cubistas, os poetas futuristas, os poetas superrealistas, etc, ocupándonos especialmente da influencia de todos eses autores e movementos na poesía galega e española daquelas épocas.

Por outra, e partindo de exemplos concretos dos tipos de técnicas, estruturas, ritmos, recursos… poéticos inventados e/ou desenvolvidos polos autores estudados, os e as participantes no obradoiro escribirán e comentarán os seus propios textos, realizados consonte os modelos analizados en clase: poemas en verso medido, poemas en verso libre, poemas en prosa, poemas cubistas, poemas expresionistas, poetas superrealistas, etc.

Así mesmo, e ó fío de cada un dos autores estudados, abordaremos distintos temas vencellados co feito da creación en si (coma, por exemplo, a relación entre a arte e a meditación, a arte e o xamanismo, a arte e a psicoloxía, a arte e a indagación no inconsciente colectivo e persoal, etc), facendo especial fincapé nas distintas vías en que a creación poética, como método de coñecemento e de sanación, nos axuda a medrar no camiño da sabedoría, revelándonos a realidade última das cousas e, xa que logo, de nós.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha película antiacadémica na Academia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Películas | Posted on 13-12-2011

A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España tivo a xentileza de incluír na súa revista mensual unha reseña verbo de Xalundes, a obra anarcosuperrealista que Tono Galán e máis eu rodamos no antigo cárcere d’A Cruña. Velaquí o número en formato pdf:

 Revista academia de cine artigo xalundes

Chuzame! A Facebook A Twitter

Zona e outros poemas de Guillaume Apollinaire

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Traducións | Posted on 10-12-2011

 

Xa está ó voso dispor -en versión e-book e en papel- a escolma que realicei, traducín e anotei de Guillaume Apollinaire, publicada por Bartleby Editores en edición bilingüe francés-castelán. Espero que a gocedes:

http://www.librosinlibro.es/lsl_libro.php?entidad_id=205

Links do meu blog con textos de ou sobre Apollinaire:

http://xoanabeleira.blogaliza.org/?s=apollinaire

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os amantes

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Érotique Féerique, Fotografías de meu | Posted on 16-11-2011

Copyrights: Xoán Abeleira

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rilke, «Os amantes». Versións galega e castelá.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Rilke, Traducións | Posted on 11-11-2011

 

OS AMANTES

 

(Versión I)

 

Olla cómo medran o un pró outro:[1]

nas súas veas todo devén Espírito.

As súas figuras tremen como eixos

nos que il xira ardente e arrebatador. [2]

Se teñen seden, il sáciaos coa súa bebida.

Se velan –olla–, il sáciaos coa súa visión.

Daquela, deixa que afonden o un no outro,

para que podan superarse o un co outro.

 

(Versión II)

 

Olla cómo medran

o un pró outro:

nas súas veas

todo devén Espírito.

 

As súas figuras

vibran como eixos

nos que il xira

ardoroso e arrebatador.

 

Se teñen sede,

reciben a súa bebida.

Se velan –olla–,

reciben a súa visión. [3]

 

Daquela, deixa que afonden

o un no outro

pra que podan superarse

o un co outro.

 

(Versión castelá)

 

Mira cómo crecen el uno para el otro:

en sus venas todo se vuelve Espíritu.

Sus figuras vibran como ejes

donde él gira ardiente y arrebatador.

Si tiene sed, él los sacia con su bebida.

Si velan –mira–, él los sacia con su visión.

Deja, pues, que se abismen el uno en el otro

para que puedan superarse el uno con el otro.   

Rainer Maria Rilke, Poemas dispersos

 


[1] Ou ben “o un polo outro”, ou sexa –entendo eu- “o un grazas ó outro”.

[2] A diferenza dos meus colegas, entendo que ise es do orixinal alude ó Espírito.

[3] Literalmente, “dan en beber”, “dan en ver”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tonantzin (poema e vídeo) en poesíagalega.org

Posted by Xoán Abeleira | Posted in inéditos, Poemas propios, Vídeos | Posted on 11-11-2011

http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1415/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Trémolo (versións galega e castelá)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Pan de ánimas, Poemas propios | Posted on 22-10-2011

TRÉMOLO

A Belén Gopegui,

que me aprendeu a amalo.

Outono, dispensador de sortilexios

Aéreos, cromáticos.

Onte, transitoriamente

Verdes e uniformes,

As árbores revelan hoxe

A súa multiplicidade:

Tintos, ocres, marelos…

Qué lume novo,

Desencadeante

Limpa de escoura

Istes metais?

Qué vendaval consorte

Os ispe agora,

Os reviste logo

Semellantes e desiguais asemade?

Algo está a manifestarse.

Non o barrunta ninguén

Pero o anuncia o tordo prevido

Polo tremor da sabina.

O seu diapasón e o teu vibran ó unísono.

TRÉMOLO

A Belén Gopegui,

que me enseñó a amarlo.

Otoño, dispensador de sortilegios

Aéreos, cromáticos.

Ayer, transitoriamente

Verdes y uniformes,

Los árboles revelan hoy

Su multiplicidad:

Tintos, ocres, amarillos…

¿Qué fuego nuevo,

Desencadenante

Limpia de escoria

Estos metales?

¿Qué vendaval consorte

Los desnuda ahora,

Los reviste luego

Semejantes y desiguales al tiempo?

Algo está manifestándose.

No lo barrunta nadie

Pero lo anuncia el tordo prevenido

Por el temblor de la sabina.

Su diapasón y el tuyo vibran al unísono.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O deus/xamán hastado

Posted by Xoán Abeleira | Posted in espiritualidade(s) | Posted on 19-10-2011

XAMÁNS DA COVA DOS «TROIS FRÈRES»

ESPIRITUALIDADE PRIMIXENIA

ESPIRITUALIDADE XAMÁNICA SIBERIANA

PASHAPUTI (ESPIRITUALIDADE HINDÚ)

CERNUNNOS (ESPIRITUALIDE CELTA)

DIAÑO (RELIXIÓN CRISTIÁ)

……………………………………….

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arturo Casas: «Animais Animais»

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos, Críticas | Posted on 06-10-2011

No ano 2001, o poeta, crítico, tradutor, ensaísta e profesor Arturo Casas tivo a amabilidade de ser a primeira persoa que escribiu verbo do meu primeiro libro en galego, Animais Animais, co gallo da presentación do mesmo. O seu texto -que xa entón me pareceu dunha extraordinaria lucidez, e, xaora, dunha excesiva xenerosidade- pode lerse agora pendurado na web   http://www.poesiagalega.org/. Cousas, ámbalas dúas, polas que lle estou enormemente agradecido.

Velaquí volo deixo en formato pdf:

casas_2001_abeleira

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp