Dúas libélulas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Érotique Féerique, Poemas propios | Posted on 28-01-2010

(Ilustración “Pinando” de X.A.)

Dúas libélulas copulando
A ras do universo do río
Esvoazan as ás asemade
Tecendo un único son

O cabaliño do demo
Cando a cobre unha volta
E outra volta no ar
Leva o seu talo adherido
Á cacholiña da poldra

Logo póusanse
Á par
Riba do envés dunha folla
Algunha póla
Ó garete
Ou un xunquiño anicado

E mentres ela se curva
O seu corpiño se prende
Ó devecer da corrente

Il ergue as ás fronte o ceo
Que os absoura arreitado

(De Animais Animais)

Os comentarios están pechados.