Miraxes: “Música para un Ouveo”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Críticas, Recitais, Vídeos | Posted on 22-04-2010

Crítica de “Música para un Ouveo” from Xoán abeleira on Vimeo.

Gracias/Grazas ó meu máis que querido amigo Héctor Santos-Díez (se cadra o mellor fotógrafo de arquitectura que hai arestora na Galiza), descubro iste vídeo de “Miraxes” que non vin no seu día. Faime moita ilusión que o presente Antón Lopo, pois il estivo no recital-concerto de Vigo e… En fin, fíxome a maior loanza que recibín endexamais coma creador (cousa que, xaora, non penso repetir eiquí pero que tampouco non esquecerei na vida).
Eis, xa que logo, pra vós, benquerid@s, un anaquiño daquela experiencia formidable, marabillosa pra min, pra nós: todas e todos os meus compañeiros de equipa, empezando polo compositor Borja Costa, que escribiu unha peza milagrosa…

Os comentarios están pechados.