A estatura do relâmpago (Un poema de Ramiro Torres)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas alleos | Posted on 31-05-2010

 

Para o Fran, em Xiada, experto em livros e afectos.

Para o Xoán Abeleira, mago da palavra e a doçura.

Para Juana Vázquez e Ana Corral, na biblioteca dos sonhos.

 

Os dedos descobrem livros

com fome luminosa,

bebem numa cosmologia

até andarem na superfície pura

do universo, como emanações

de uma órbita secreta:

sabem dos estranhos

silêncios dos astros,

nutrem os sentidos desde

uma altura esquecida.

No poema devoram-se

as palavras solares para

orientar-nos na ingravidez:

filhas de energia inabarcável,

executam danças nômades para

nos transportar longe

do que não somos,

até a incipiente terra da procura.

Devemo-nos a este trabalho

de atingir a estatura do relâmpago,

e aprendermos a arte de ver com

todas as vértebras do tempo

abertas, como pálpebras

de uma deusa inextinguida.

 

Maio de 2010.

 

Prezado amigo! Abofé “debémonos ó labor do lóstrego”! O que ti fas tan ben. OBRIGADO.

 

Refundando a Esquerda: unha xuntanza de encontro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Recitais | Posted on 31-05-2010

Iste sábado día 5 de xuño, ás 11.30 da mañá, no Teatro Principal de San Iago, terá lugar a primeira xuntanza de “Refundando a Esquerda”, unha nobre e loable iniciativa (coido e espero eu) promovida por Esquerda Unida, mais á que están convidados tódolos grupos antifascistas e anticapitalistas, maioritarios ou minoritarios, da Esquerda galega. Os promotores honráronme ó pensar en min coma a persoa axeitada pra presentar e guiar iste acto, e, malia non ser eu de ningún partido político, nin querer singularizarme a prol de ningún diles, aceptei a proposta. Total que alí estarei, acompañado de tres grandes compañeiros e músicos (Álvaro Muras, Karlos Barral e Julio Cuns), recitando e enfiando as intervencións d@s compañeir@s poñentes (dende Méndez Ferrín a Eliseo Fernández, pasando por Mariluz Maset ou Yolanda Díaz). Abofé, quedades tod@s invitad@s a participar na xuntanza (a entrada e a saída son libres!), e niste blog podedes achar máis información ó respecto:

http://refundando.blogaliza.org/

Polo demais… NIN DEUS NIN AMO.

Bartleby, doce anos, doce poetas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos | Posted on 31-05-2010

En julio de este año celebraremos doce añitos. Doce años desde que se puso en marcha el sueño de crear una editorial. Y queremos conmemorar la fecha con algunos de los poetas españoles que han participado en la aventura a lo largo de este tiempo. El ciclo de lecturas tendrá lugar en la Librería La Fugitiva (Santa Isabel, 7 – Madrid), los días 4, 5, 6, 8, 9 y 10 de junio, a las ocho y media de la tarde, y lo coordina Óscar Curieses. Participarán en las lecturas los siguientes autores: Eduardo Moga, Esteban Martínez Serra, Julieta Valero, Carlos Jiménez Arribas, Julia Piera, José Antonio Martínez Muñoz, Antonio Luis Ginés, Marta Sanz, Marcos Canteli, Jordi Doce, Xoán Abeleira y el mismo Óscar Curieses. En el acto de apertura del ciclo, el viernes 4, participará también el director de la colección Bartleby Poesía, Manuel Rico. Somos conscientes de que otros muchos poetas de han quedado fuera de la convocatoria por diferentes motivos (imposibilidad de desplazarse a Madrid en las fechas señaladas, viajes incompatibles con las mismas, ajustes de la programación, etc., etc.) Nos hubiera gustado tenerles a todos (también a los que nos dejaron, fatalmente, a lo largo de estos años). Doce años creando lectores. (PEPO PAZ)

Unha maioría de parv@s

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 31-05-2010

El mundo de P.J., teimando, coma sempre, coma tódolos mass media, dun ou doutro signo, en fortalecer os tentáculos do Polbo que lles dá de comer, publicou onte unha enquisa consonte a cal Raxoi gañaría as eleccións nacionais por maioría absoluta, cun 45, 6 dos votos. Após o caso Gürtel e toda a ringleira de semellantes, se esa enquisa é fiable (cousa que, por unha banda, dubido mais, por outra, non me estrañaría ren) daquela… Unha de dúas: quer a maioría dos españois apoia a corrupción xeneralizada na política, quer a maioría dos españois é rematadamente parva, e, xa que logo, a democracia é a ditadura d@s parv@s, e non a dos sabios, como pretendían @s greg@s.

Franklin Rosemont: Bugs Bunny

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña | Posted on 30-05-2010

Non che é casualidade que todo o que a obra de Georg Wilhelm Friedrich Hegel ten de revolucionaria e de escandalosa ficase excepcionalmente simbolizado –e en vésperas da segunda masacre imperialista mundial– por un coello gris e pequeno cuxo nome encarna unha das resolucións dialécticas da contradición: Bugs (alcume dun célebre gánster); Bunny (case que un sinónimo de amabilidade).

            Descendente urbano, en mor ou menor medida, do Br’er Rabbit, Bugs Bunny (entre cuxos devanceiros se achan o excéntrico Coello Branco de Lewis Carroll e a psicótica Lebre de Marzo) oponse decididamente ó escravismo asalariado en tódalas súas formas. A gusto cunha modesta subsistencia na linde da fraga, tan só unha caixa de correo, na que se le Bugs Bunny Sq., indica o seu lugar de residencia. Aparte desas marabillosas aventuras súas, ás que só unha rigorosa práctica da preguiza pode levar, a súa mor “vocación” consiste en roubar as cenorias da horta dun tal Elmer J. Fudd, (personaxe derivada doutra anterior chamada Egghead, Cabeza de Ovo), e, nun senso máis xeral, amolalo de tódolos xeitos posibles, como non parar de facerlle preguntas.

            É imposible recoñecer o xenio do meirande coello do mundo sen entender a Elmer, ise calvo, parvo, temperamental e tímido pequeno burgués cun defecto na fala e cuxa principal actividade é defender a súa propiedade privada. Elmer é a perfecta encarnación dunha certa tipoloxía moderna: o pequeno burócrata, o mediocre autoritario, sobriño ou neto do Pai Ubú. Se os Ubús (Mussolini, Hitler, Stalin) dominaron o período de entreguerras, nos últimos sesenta anos foron os Elmers os que dirixiron a nosa miseria. Elmers e máis Elmers na Casa Branca; Elmers nos comités centrais dos así chamados partidos socialistas e comunistas; tódolos papas son Elmers; tódolos escribáns de best-sellers son Elmers; tódolos arribistas, tódolos lambecús son Elmers; os traidores á causa da Liberación son os peores Elmers entre tódolos Elmers. Enfrontándose case que en solitario a iles, Bugs Bunny érguese coma o verdadeiro símbolo dunha recalcitrancia irredutible.

            Se a coreografía Bunny/Elmer é o reflexo dun momento histórico particular na loita de clases (un período de “simetría” de clases no que os traballadores de calquera lugar apenas logran algunhas das súas demandas pra, decontado, verse de novo presos nas súas coelleiras), o mítico contido do seu drama excede, secasí, a limitación primeira das súas formas. A aparición no escenario da historia dunha personaxe coma Bugs Bunny é a proba de que un día os Elmers do mundo serán vencidos; de que un día tódalas cenorias do mundo serán de todos.

            Ata ise día chegar, non podemos maxinar mellor exemplo que lles dar ós nosos fillos có desta ousada criatura que, sobre as súas catro patas de coello, se erixe no amuleto da boa sorte da revolta total. Encarándose con todos e cada un dos apoloxistas do status quo, Bugs Bunny ten sempre a derradeira palabra: “Non creades que foi divertido porque non o foi en absoluto”.

NOTA: Hai agora exactamente un ano morría en Chicago o poeta, pintor, editor, historiador e, mormente, activista revolucionario Franklin Rosemont (1943-2009), quen xunto coa súa compañeira Penelope Rosemont creou e propulsou, ata o seu pasamento, o Grupo Superrealista de Chicago, aínda vivo. Iste texto –lixeiramente retocado por min eiquí– apareceu en 1976,  e coidei que a maneira máis axeitada de render homenaxe ó seu creador era traducilo pra vostedes, pois Rosemont tiña en tanta estima o rebelde Bugs Bunny que mesmo lle puxo o seu nome a tobeira que aínda hoxe continúa “conspirando” contra o sistema capitalista: The Bugs Bunny Gallery. Pra máis información verbo das actividades do Movemento Superrealista Estadounidense, ver http://www.surrealistmovement-usa.org/.

Erato su a pel do desexo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas alleos, Poemas propios, Propostas culturais | Posted on 30-05-2010

Xa está a venda a escolma feita e coordinada pola benquerida Pura Salceda. Como vedes, hai unha manchea de poetas galeg@s, sinte doutr@s de toda a península. Grazas a ela e a Sial polo esforzo.

Castelao: Nai e fillo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais | Posted on 30-05-2010

 

Coa súa xenerosidade habitual, María Pilar García Negro faime chegar esta obra de Castelao da que vos falei no último artigo d’A Opinión (Castelao: A derradeira lección do mestre). Como vedes, a semellanza desta Mai con Rosalía é evidente.

Xesús Frankenstein

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Vídeos | Posted on 29-05-2010

 

N’A noiva de Frankenstein, o seu director, James Whale quería que o “monstro”, após o seu renacemento (da primeira parte) e a súa crucifixión (nesta segunda, invertindo a historia cristolóxica) batese cunha imaxe de Cristo crucificado e, apiadándose dil, tentara arrincalo da cruz (se cadra porque, por vez primeira na súa segunda vida, viña de experimentar a compaixón, cas o eremita, co que, ademais, celebra a “eucaristía”…) Ende mal, a censura prohibiu semellante xenialidade. Mais Whale “vingouse” mantendo a imaxe do crucifixo no cemiterio e facendo que o “monstro” derrube con violencia a estatua dun bispo (!), pra logo dar paso a unha escena que lembra o final de Romeo e Xulieta (cousa da que, por certo, non se decatan os críticos).

As impresionistas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais | Posted on 28-05-2010

 Ende ben, a cultura é tan vasta que un(ha) nunca deixa de aprender. Grazas á miña amiga Alicia  Guerreira Yeste, (re)coñezo as impresionantes -mais, xaora, menosprezadas e ninguneadas polos homes- pintoras impresionistas coma Marie Bracquemond, Mary Cassat o Berthe Morisot, das que xa vira algunhas obra sen saber que eran delas… Que boa é a ignorancia no tocante á Beleza! Obrigado, A.

 Cadros e retrato de Marie Bracquemond.

Castro e Hughes no Qué Leer

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Críticas | Posted on 27-05-2010

Faime moita ilusión que Hughes e máis eu (?!) coincidamos no Qué Leer co meu amigo benquerido Antón Castro, un dos bos e xenerosos…