El maquinista de la Generación 18-19

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Ensaios, Propostas culturais | Posted on 19-05-2010

 

O Centro Cultural Generación del 27 vén de publicar, conxuntamente, os números 18 e 19 de El maquinista de la generación. Un volume, coma sempre, espléndidamente editado e ilustrado, cheo, de cabo a rabo, de artigos ben interesantes sobre aspectos ou textos descoñecidos dos membros, mulleres e homes, daquil grupo. A min cóubome a honra de colaborar cun texto, xa publicado en galego, na Opinión d’A Cruña, verbo de cómo chegaron as miñas maos a primeira edición de Impresiones y paisajes, con dedicatoria incluída, de Federico García Lorca, e unha foto inédita de Emilio Prados con canotier, así coma varios libros que iste utilizou mentres estudaba a carreira de Medicina. Titúlase Tratado de Química Elemental.

En fin que, os e as que podades facervos con istes fermosos números, gozaredes dabondo.

 

Os comentarios están pechados.