Refundando a Esquerda: unha xuntanza de encontro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Recitais | Posted on 31-05-2010

Iste sábado día 5 de xuño, ás 11.30 da mañá, no Teatro Principal de San Iago, terá lugar a primeira xuntanza de “Refundando a Esquerda”, unha nobre e loable iniciativa (coido e espero eu) promovida por Esquerda Unida, mais á que están convidados tódolos grupos antifascistas e anticapitalistas, maioritarios ou minoritarios, da Esquerda galega. Os promotores honráronme ó pensar en min coma a persoa axeitada pra presentar e guiar iste acto, e, malia non ser eu de ningún partido político, nin querer singularizarme a prol de ningún diles, aceptei a proposta. Total que alí estarei, acompañado de tres grandes compañeiros e músicos (Álvaro Muras, Karlos Barral e Julio Cuns), recitando e enfiando as intervencións d@s compañeir@s poñentes (dende Méndez Ferrín a Eliseo Fernández, pasando por Mariluz Maset ou Yolanda Díaz). Abofé, quedades tod@s invitad@s a participar na xuntanza (a entrada e a saída son libres!), e niste blog podedes achar máis información ó respecto:

http://refundando.blogaliza.org/

Polo demais… NIN DEUS NIN AMO.

Comments:

(3)Refundando a Esquerda: unha xuntanza de encontroThere are Comments for the