From I to J (derradeira serie)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu, Propostas culturais | Posted on 25-06-2010

X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
X
A
Copyrights: Xoán Abeleira

Crítica de Hughes en El Norte de Castilla

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Críticas | Posted on 24-06-2010

A miña boa, benquerida amiga da adolescencia, Concha Galán envíame esta crítica en PDF que apareceu no xornal El Norte de Castilla:

Ted Hughes crñitica Castilla

As nubes

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas, Poemas propios | Posted on 23-06-2010

 

Iste é o método

Do non-método:

Fitar as nubes

Sen habitalas, sen arelar nunca

Que fiquen ou se vaian.

 

Ollalas, sopesalas, meditalas

Na súa formación

Recibindo unicamente

A información de nós

Que deitan cando pasan.

 

Puro pensamento.

 

(Versión castelá)

 

Éste es el método

Del no-método:

Observar las nubes

Sin habitarlas, sin anhelar nunca

Que se queden o se vayan.

 

Mirarlas, sopesarlas, meditarlas

En su formación

Recibiendo únicamente

La información sobre nosotros

Que arrojan cuando pasan.

 

Puro pensamiento.

 

Do libro inédito Pan de Ánimas.

Fotografía de Alicia Guerrero Yeste.

 

Crítica de Ted Hughes no xornal La Vanguardia de Barcelona

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Críticas | Posted on 23-06-2010

Grazas a amabilidade da nosa amiga Alicia Guerrero Yeste, velaquí tedes a crítica que John Wilkinson publica hoxe n’A Vanguardia de Barcelona verbo de El azor en el páramo e Gaudete:

azor

Metta

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña | Posted on 21-06-2010

Nunha escena d’A ventana indiscreta (1954), Alfred Hitchcock pon en boca de Stella, a enfermeira que coida a Jeff, algo así coma esta frase: “Boh! Non me fale da intelixencia: os maiores estragos da Humanidade son consecuencia dela.” Unha frase con moita sustancia, pra matinarmos dabondo nela, e cuxo complemento é estoutra, igual de asisada, que nos deixou o compañeiro Saramago: “Pra min, o único valor realmente revolucionario é a bondade, pois ela é o único que conta.”

– N’A gran ilusión de Jean Renoir (1937), o tenente Maréchal e o capitán De Boieldieu dan en fuxir do campo de prisioneiros onde esmorecen, e atravesan Alemaña esfameados e feridos, ata rifaren entre iles. Unha labrega, cuxo marido acaba de morrer en Verdún loitando contra os franceses, apiádese diles, malia ser “os inimigos” que mataron o seu home, e acubíllaos cas súa, onde os cura e alimenta. Alí, noutra escena inesquecible, Maréchal (Jean Gabin) vai buscar un pouco leite prá comuna que xa conforman, e, en entrando na corte da muller, acariña a súa frisona dicíndolle estas palabras: “Vaites, vaquiña… Ti naciches en Alemaña, e eu alí, en Francia, e porén iso non nos impide entendernos e ser amigos, non si?” Todo un manifesto.

– A distancia entre a ignorancia e a sabedoría é a que existe entre pensar, con razón ou sen ela: “Fulanita/fulanito é un maldito facha, roxo, nacionalista, cristián, xudeu, musulmán, español, galego, éuscaro, catalán, branco, negro, marelo… de merda”, e sentir profundamente, coma a muller d’A gran ilusión: “Fulanita/fulanito é, coma min, unha persoa ignorante, e, daquela, desgraciada. Unha persoa infeliz. Unha persoa que sofre, e, xa que logo, precisa axuda pra curarse”. E isto non só non nos impide senón que nos capacita pra loitar contra toda caste de inxustiza e de opresión.

– Cando un cirurxián recibe unha persoa ferida no quirófano non lle pregunta de qué partido é nin en qué cre senón que se limita a salvarlle a vida decontado. Aínda que se trate dun asasino.

– O derradeiro verso d‘A Internacional di: “O xénero humano é a Internacional.” O xénero humano. Non iste, ise ou aquil… X. O xénero humano, na súa totalidade.

– J. W. Von Goethe afirmou: “Non coñezo ningún crime que eu non fose quen de cometer.” Noutras palabras máis coñecidas: “Quen estea libre de pecado que guinde a primeira pedra.”

– Ningunha persoa, ningún partido político, ningún goberno, ningún país ten as maos absolutamente limpas nin é absolutamente puro. Todos somos, en mor ou menor medida, potencial ou realmente uns egoístas, uns fanáticos, uns canallas, uns traidores, uns cobizosos, uns corruptos, uns ladróns… O peor do peor. Mais tamén -e velaí a nosa esperanza- todos somos potencial e realmente uns budas, seres iluminados. É máis, en realidade, ise é o noso celme. Agochado, xaora, por unha morea de nubes, de lixo que nos botaron enriba e que nós mesmos multiplicamos a cotío. Pero está aí. Agardando por nós. Por iso ser sabio é, esencialmente, ser compasivo, ser comprensivo, ser solidario. Pois “Ser é ser feliz” (Ortega y Gasset).

– Na súa vellez, pouco antes de morrer asasinado, Gandhi escribiu: “Logo de corenta anos de loitar comigo mesmo, con moito esforzo e moita perseveranza, podo afirmar, de todo corazón, que xa non odio a ninguén.”

EIS A VERDADEIRA REVOLUCIÓN.

 

Léo Ferré: Les anarchistes

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Vídeos | Posted on 20-06-2010

 

“Non son máis ca un por cento e porén aínda existen

A maioría españois a saber porqué

Será porque en España xa ninguén os comprende

Os anarquistas…

 

A maioría son fillos de nada ou fillos de tan pouco

Que ninguén os ve nunca agás cando lles teñen medo…

 

Mais iles aturan firmes ben collidos dos brazos

Felices, e por iso aínda se manteñen en pé

Os anarquistas” 

  

 

Y’en a pas un sur cent et pourtant ils existent
La plupart Espagnols allez savoir pourquoi
Faut croire qu’en Espagne on ne les comprend pas
Les anarchistes

Ils ont tout ramassé
Des beignes et des pavés
Ils ont gueulé si fort
Qu’ils peuv’nt gueuler encore
Ils ont le cœur devant
Et leurs rêves au mitan
Et puis l’âme toute rongée
Par des foutues idées

Y’en a pas un sur cent et pourtant ils existent
La plupart fils de rien ou bien fils de si peu
Qu’on ne les voit jamais que lorsqu’on a peur d’eux
Les anarchistes

Ils sont morts cent dix fois
Pour que dalle et pour quoi ?
Avec l’amour au poing
Sur la table ou sur rien
Avec l’air entêté
Qui fait le sang versé
Ils ont frappé si fort
Qu’ils peuvent frapper encor

Y’en a pas un sur cent et pourtant ils existent
Et s’il faut commencer par les coups d’pied au cul
Faudrait pas oublier qu’ça descend dans la rue
Les anarchistes

Ils ont un drapeau noir
En berne sur l’Espoir
Et la mélancolie
Pour traîner dans la vie
Des couteaux pour trancher
Le pain de l’Amitié
Et des armes rouillées
Pour ne pas oublier

Qu’y’en a pas un sur cent et pourtant ils existent
Et qu’ils se tiennent bien le bras dessus bras dessous
Joyeux, et c’est pour ça qu’ils sont toujours debout
Les anarchistes

Preludio de “Animais Animais” (versión II)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas alleos, Vídeos | Posted on 19-06-2010

NA ÉPOCA NA QUE OS NENOS CONTABAN CONTOS from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Grazas Tono, grazas compañeiros de Afrogaia!!!

Homenaxe a Miró

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu | Posted on 18-06-2010

 
1
 
2
3
4
 
Copyrights: Xoán Abeleira

Preludio de “Animais Animais”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas propios, Vídeos | Posted on 16-06-2010

De I a J (e III)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu, Propostas culturais | Posted on 15-06-2010

 
T
 
 
Ú
 
 
A
 
 
A’
 
 
I
 
 
D
 
 
A
 
 
P
 
 
O
 
 
R
 
 
S
 
 
E
 
 
M
 
 
P
 
 
R
 
 
E
 
 
T
 
 
Ú
 
 
A
 
 
A’
 
 
I
 
 
D
 
 
A
 
 
A ISABEL, ROCÍO, MANUEL,
XESÚS, MARÍA XOSÉ  E JOHN