“O xénero humano é a Internacional…”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Recitais, Vídeos | Posted on 06-06-2010

Onte, no acto da Refundación/Reactivación da Esquerda fun MOI feliz vendo tantísima xente feliz. Cincocentas persoas. Mesmo a policía nacional se emocionou, imaxinade! Unha señora resumiu o sentir colectivo dicindo ¨hoxe devolvésteme a esperanza¨. O certo é que o de onte foi un éxito total, xeral, comunitario no que nós, os músicos Álvaro Muras, Karlos Barral, Julio Cuns e máis eu, non fomos, xaora, máis ca un fío condutor das múltiples enerxías positivas presentes. E se de algo me decatei ó sentir tantos parabéns, tantos bicos, tantas apertas, é de que Gandhi tiña razón: a acción, abofé, ha de avanzar canda o espírito, e o mellor xeito de transformarnos nós e de transformar a sociedade e ir directamente ó corazón. Porque (Mahabbarata) “mesmo a persoa máis cruel alberga dentro de si a súa humanidade”.

Oxalá, daquela, que isto serva pra unirnos dunha vez fronte a Moloch, nesta época na que parece que temos (de) todo pero sentímonos baleiros, aboiando na Nada.

PEOPLE HAVE THE POWER!!!!!!

Os comentarios están pechados.