Santiago e Catherine

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Vídeos | Posted on 03-08-2010

Cena con Catherine Françoise, Tati Mancebo, Alfredo Ferreiro, Xabier Alcalá, Santiago Auserón… trala presentación da novela de Catherine, El árbol ausente. Re/coñecemento de Santiago –extraordinariamente agarimoso- após vinte anos, cando os dous ensaiabamos no mesmo local de Carabanchel. Il era unha rock star en ascenso; eu un rapaz que aspiraba a selo e que tiña a Radio Futura coma un dos seus guieiros. Lembro as súas gabanzas verbo do meu disco d’A República, en especial das letras; gabanzas que significaron moito pra min daquela. Il dime que aínda conserva unha das miñas maquetas (!), que ten Animais Animais na mesiña de noite, con libros de Donne, de Hardy… Eu exprésolle a miña admiración pola Estatua do Jardín Botánico, que sigo a ter por unha das mellores cancións da música pop-rock española. Falamos de poesía e de ritmos africanos. Falamos de proxectos. Falamos dos marabillosos fíos kármicos que unen as vidas…

Santiago e Catherine, incrible(s): trinta e seis anos xuntos e aínda se aman.

Os comentarios están pechados.