José Antonio Labordeta

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Artigos alleos, In memoriam, Vídeos | Posted on 20-09-2010

Tiven a honra de coñecer a e de falar con José Antonio Labordeta en varias ocasións. Lembro especialmente unha noite en Teruel, após unha homenaxe ó seu irmao Miguel, un poeta extraordinario ó que cómpre ler e reler, coma ó propio José Antonio.

Coñecín a toda a súa familia. Mormente a Ana Labordeta -unha das mellores actrices da súa xeración-, que foi compañeira e amiga miña no Laboratorio William Layton, coa que fundei unha ompañía teatral (efémera) e a quen mesmo dirixín na que foi a súa primeira aparición pública nun teatro (o Teatro do Mercado, en Zaragoza), interpretando á protagonista dunha peza curta de Tennesee Williams: Fálame coma a chivia e déixame sentir… De feito vina hai pouco, cando pasou por eiquí cunha obra na que actuaba con Federico Lupi. Lembramos vellos tempos, pregunteille polo seu pai, e pedinlle que lle dese a Lupi da miña parte un libro sobre a historia do anarquismo galego…

A morte de Labordeta aféctame sincera e profundamente. Todo o que se poda dicir de bo dil seméllame pouco. Mais a súa existencia foi realmente útil. Cumpríu a súa misión nesta existencia súa dun xeito nobre, xusto e cabal. Así que é imposible que non tivese unha boa morte.

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2010/09/20/opinion-amado-labordeta/421400.html

http://www.publico.es/espana/337487/reflexiones/labordeta/publico

http://www.publico.es/culturas/337527/adios/voz/coherencia

P.S. Amais distes e doutros artigos publicados hoxe, podedes achar unha chea de entrevistas e artigos verbo de Labordeta no espléndido blog de Antón Castro. O segundo link remite ós artigos que J.A.L. escribíu no xornal El Público.

Os comentarios están pechados.