Carta ó Museo de Man

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s | Posted on 16-12-2010

Benquerid@s amig@s: Ende mal, por motivos laborais, éme de todo imposible estar o sábado con vós botándolle unha man a Man. Secasí, non creo que a miña presenza aportase máis do que xa dixen ata o de agora. Como ben sabedes, sempre defendín a idea de que se crease unha comisión de artistas/expertos (entre os que eu non me conto) pra xestionar a RECONSTRUCIÓN COMPLETA DO MUSEO DE MANFRED GNÄDINGER, quer facéndoo elas e iles mesmos, quer coa axuda de outr@s artistas, e, abofé, partindo do inmenso material fílmico e fotográfico co que contamos. A derrama provocada polo último temporal, lonxe de desanimarme, non fixo senón reforzar esta idea miña de sempre.

    Polo demais, podedes contar comigo, novamente, pró que precisedes.

    Apertas pra tod@s de

    Xoán Abeleira

Os comentarios están pechados.