Epiménides e o Big Bang

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais | Posted on 28-12-2010

 

 

Na súa Teogonía, Epiménides asevera que o universo se xerou a partir do “Ovo Cósmico”: un símbolo presente en incontables mitoloxías de todos os lugares e de todos os tempos, e que mesmo retomaron, xa no século XX, Georges Gamow e os seus continuadores pra explicaren a teoría do Big Bang e do Big Crunch. É máis: recentemente, Roger Penrose, un dos científicos máis relevantes de hoxe, creu descubrir certas probas que, consorte il, poderían demostrar que o Big Bang ‹‹es un suceso cíclico que da lugar al nacimiento de un nuevo universo y borra el rastro del anterior››.[1] O concepto de universos que abrollan e finan cadora, tal e como o formula Penrose 

supone una revolución en los planteamientos cosmológicos actuales.  Hasta ahora los científicos consideraban dos opciones: o bien el universo se expandía infinitamente hasta llegar a la muerte térmica, o bien podía volver a concentrarse en el denominado Big Crunch. El cosmólogo británico funde ambas ideas. El universo se expande indefinidamente, sí, pero alcanzará un estado en el que no habrá masa, ni tiempo, ni espacio: un estado paralelo al que existía en el momento del Big Bang, dando lugar a una nueva súper explosión que generará otro universo. 

            De ser axeitada a súa hipótese non só evidenciaría a case que incrible “visión mística” que tivo Epiménides hai dous mil setecentos anos senón tamén que, abofé, a materia e a enerxía non nacen e morren, tan só se transforman. Igual, se cadra, ca nós…

 


[1] Hipótese que, por outra banda, coincide, ademais de coa do kyklos geneseon grego, coa do samsara do brahmanismo e do budismo: ‹‹Para los adherentes a estas dos creencias afines, el presente universo no es el primero ni el último [sino] tan sólo uno más de una serie infinita, sin principio ni fin absolutos, aunque cada universo de la serie aparece y desaparece›› (Cf. W.Y. Evans Wentz, El libro tibetano de los muertos, prefacio de John Woodroffe, H Kier, pp. 67 e 68).

Comments:

(1)Epiménides e o Big BangThere are Comments for the