Albor en Moloch

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 10-02-2011

Albor de borra

Roxe-roxe dos coches

Chía un pardal

 

borras.f. 1. Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos recipientes que conteñen certos líquidos. OBS. Tamén se usa en plural. O viño do bocoi cando se está acabando sae con borra. SIN. feces, madre, pouso. 2. Substancia negra que desprende o fume e que se adhire ós obxectos e ás paredes. As tixolas de seguida se enchen de borra. SIN. feluxe, sarrio. 3. Substancia de cor escura que producen e segregan certos cefalópodos para turba–la auga cando se atopan ante algún perigo. Cociñámo-los chocos coa borra. SIN. sepia. u SIN. borro.

borra s.f. 2: ostentación, fachenda, presunción.  

Os comentarios están pechados.