Un artigo d’O Rivas sobre John Berger, “Porca terra” e algunhas cousas máis

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos, Críticas | Posted on 19-02-2011

                “(…) Hai poetas de máis por habitante en Galicia? Nun deses estrelampos que permite o humor, Marcial Suárez (O acomodador e outras historias) dicía que Allariz era o lugar con “máis igrexas por católico cadrado”. Co número de poetas en Galicia tense intentado un xogo irónico semellante, con infeliz resultado por parte dos cronistas que o intentaron. Nin en Galicia, nin no mundo enteiro, hai tantos poetas como debera. Diría máis: un dos problemas de Galicia e do mundo é a escaseza de mentes poéticas. Se, entre outras cousas, a poesía é a verdade que se rebela contra as aparenzas, poderiamos concluír que en Galicia hai un déficit poético (…)         

                 Xoán Abeleira é un prometeo que adoita traballar na sombra. Escribe de cando en vez en La Opinión de A Coruña artigos insólitos, mananciais de frescura sorprendente en pleno quecemento global. Autor d’ A pegada de Man, en memoria dese mártir do ecocidio. Unha das mellores mentes, Abeleira, que non devorou o Moloch. E que [amais de tradutor e xornalista] tamén é poeta.

                Esa idea de que se levantas unha pedra en Galicia pois sae un poeta é unha brincadeira cando se di entre poetas. É unha arroutada antipática no ámbito xornalístico. Se levantas unha pedra, non sae un Abeleira. O que adoita saír é un paspán (…)” 

Manuel Rivas, artigo publicado no suplemento Luzes, de El País.

http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor266/PT_paratext2183.pdf

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Moita/merda/elpepiautgal/20071214elpgal_20/Tes

Os comentarios están pechados.