A chaira en primavera

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas, Poemas propios | Posted on 30-05-2011

 

 Eis

A vosa Mag Mell

O voso santuario –

 

A foz interior

Da mar onde conflúen

O voso novo Alén

O voso vello Aquén

 

A terra devida

Un cortizo

Policárpico –

 

Agora que todo rompe a xenar todo

Gaña a súa xeira

 

Que as lamelas e as fragas bourean

Ó seu ar sen párroco nin patrón

A llo garduñar

 

Vide

As abellas doentes da Negrume

 

Vide

As derviches do Pobo dos Soños

 

Libade a vosa flor

Levade o voso mel

 

Vós

A quen Nada lles pertence 

 

(Versión en castelán)

 

LA LLANURA EN PRIMAVERA 

 

He aquí

Vuestra Mag Mell

Vuestro santuario –

 

La desembocadura interior

Del mar donde confluyen

Vuestro nuevo Más Allá

Vuestro viejo Más Acá

 

La tierra transformada

En un panal

Policárpico –

 

Ahora que todo rompe a florecer todo

Gana su jornal

 

Que los prados y los bosques laboran

A su aire sin párroco ni patrón

Que se lo pueda hurtar

 

Venid

Las abejas dolientes de lo Oscuro

 

Venid

Las derviches del Pueblo de los Sueños

 

Libad vuestra flor

Llevad vuestra miel

 

Vosotras

A quien Nada pertenece

NOTA: Após século e medio de escritos e debates verbo do tema, cada vez parece máis obvio non só que existiu realmente unha cultura céltico-atlántica senón que, tal e como afirmaban moitas supostas “lendas” e como aventuraron os arqueólogos, historiadores, antropólogos, etnólogos, etc. de finais do XIX e principios do XX, esta se espallou dende a Península Ibérica cara ó norte de Europa.

            Consonte os estudosos actuais coma Calros Solla, Rafael Quintía ou Blanca García, entre outros, a oenach, a chaira, era o sitio por antonomasia onde as distintas tribos que conformaban esa cultura de nós celebraban as súas asembleas, as súas festas, os seus sacrificios: “O lugar mítico onde [acudían] para sela-lo seu pacto coa Terra” (Rafael Quintía). Planicies no só das terras chás senón das “alturas sacras”, dos “lugares de poder” como o Monte do Seixo ou o Monte Pindo, nos que, tal e como sabemos agora, houbo unha incrible cantidade de monumentos megalíticos de toda caste: castros, antas, menhires, amilladoiros, aras solis

            Entre os cultos que alí se realizaban salientou o da lembranza e/ou retorno dos mortos, o Samaín que deu lugar ó noso Magosto e que foi cristianizado como o Día de Todos os Defuntos.

            Mag Mell (“Chaira do gozo” ou “Chaira das delicias”, en irlandés) foi un dos nomes que os celtas lle deron o Paraíso, tal e como iles o concibiron.

            O adxectivo “policárpica” aplícase ás plantas que xenan e frutifican varias veces sen chegar a morrer (ó contrario cás monocárpicas). A expresión feita “Gaña-la xeira” alude ó feito de que todos os veciños boten unha mao nas tarefas comunais de labranza. Feito que deu lugar ó verbo “xeirear: conxeniar, levarse ben”. “Bourear” significa tanto “traballar arreo” como “armar rebumbio”

            Ignoro de quén é a foto quitada de National Geographic.

 

Limpeza

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 27-05-2011

Os gobernos centrais e autonómicos queren “limpar” as prazas de cidadáns cando non son quen de limpar o lixo agochado en todos os partidos políticos e nin sequera foron quen de facer unhas eleccións limpas de corruptos e senvengonzas. Absurdidades do absurdo, xa que é iso precisamente o que os cidadáns están a pedir: UNHA BOA LIMPEZA diste Sistema emporcado.

Xornada de reflexión (postelectoral)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña | Posted on 22-05-2011

A estas alturas do día, aínda non sei o resultado das eleccións pero ben podo imaxinalo. Gañaron os de sempre. E non me refiro só ó PSOE e ó PP senón tamén ós poderes fácticos que son os seus aliados e/ou os seus donos. A oligarquía político-económica que os mantén e se mantén malia as crises de toda caste que nos provoca. Os faraóns que ordenaron construír a Pirámide do Malestar e mexan por nós dende o cimo.

– O medo. Volveu gañar o medo. A instrumentalización da Música do Medo. “Que veñen os roxos!”, volveu berrar a dereita. “Que veñen os fachas!”, volveu alertar o PSOE. “Que van ficar iles!”, chiou a esquerda. “Que veñen os nacionalistas!”, bearon os españolistas. “Que veñen os españolistas!”, muaron os nacionalistas. E quen veu foi o medo. Quen gañou foi o medo. O medo dos beneficiados de e dos implicados no statu quo a perder o seu estatus. O medo do Estado a que lle toquen os… callóns.

– O medo máis efectivo de todos é o da abstención. “Absterse é votarlles a iles”, ameazaron todos os partidos. Mais qué pasaría se o 70, 80 % da poboación votante se abstivese nunhas eleccións xerais? Ignoro se, como afirman Antonio García Trevijano e outros politólogos, ise resultado obrigaría legalmente a modificar a Constitución e a facer unha nova Transición. Tanto me ten. O certo é que eu soño co día no que tal cousa aconteza, e no que, daquela, a xente que se absteña esixa un outro sistema e impida que o partido elixido en semellante minoría goberne e prolongue iste Absurdo. Ise si que sería un cambio! E quén senón NÓS, as xentes de esquerdas, pode provocalo? Un partido político? Cal? IU? Sinceramente, non o creo. E menos coa Lei Electoral vixente.

– A outra arma de hipnotización masiva que empregan arreo os partidos políticos é a ilusión… óptica. Reilusionar por enésima vez ós que desilusionaron por enésima vez co espellismo doutro Novo Redentor. Xa non acordan a chegada de Zapatero? Mesmo unha chea de artistas e intelectuais apoiárono na campaña, e logo festexaron o seu triunfo nunha chea de artigos, cócteles, pícnics… Os mesmos que arestora están a poñelo podre. E Obama? O primeiro presidente negro de Estados Unidos ía ser a hostia bendita. A ilusoria ilusión encheu os cores. E agora? Obama é ise Premio Nobel da Paz que afirma que ós que non temos o mesmo sentido da Xustiza ca il deberían encerrarnos nun frenopático –ou directamente en Guantánamo–.

– O Poder sempre acaba corrompendo a quen o exercen, porque istes, tarde ou cedo, acaban sempre pactando con aquiles que, dende que o mundo é mundo, manexan o noso destino. Os anarquistas levan case que dous séculos advertíndoo, e os políticos demostrándoo. Pero as xentes, ai, tan ilusas, seguen a ter ós anarquistas por uns ilusos…

– “Se non nos deixades soñar non vos deixaremos durmir”, rezaba unha pancarta na Puerta del Sol. Unha frase fermosa pero pouco efectiva e, daquela, pouco revolucionaria. Soñar é doado. O difícil… Mellor dito, o necesario é levar as arelas, as utopías á práctica. Facer que as demandas se cumpran. Desobedecer as regras inxustas. Ademais, a maioría da xente máis que soños ten sono… Parece durmida de todo. Por iso, no meu caso, o Soño da miña vida é… espertar dil. Liberarme do meu sono e dos soños desta vida.

– Achegueime a unha das concentracións do “Movemento 15 M”, e atopeime co que coidaba que ía achar: unha asemblea popular na que cada quen dixo o que lle petou, expresou como lle petou a súa indignación. Xenial pero… máis nada. É certo que o movemento realizou unha lista de demandas, mais entre elas non hai ningunha proposta de cambio básico, radical, coma por exemplo: “Derrubemos esta monarquía supostamente parlamentaria e realmente corrupta, esta falsa democracia deixando de colaborar con ela.” Nada. Ó contrario. Afirmaron en todas as prazas que iles/elas non están contra o Sistema. E, xa que logo, o domingo os máis dos e das manifestantes foron votar… Cousa, a verdade, incomprensible pra min. Porque:

– Asolagados e asoballados por un sistema vírico que ameaza con destruír non só a Humanidade senón o propio planeta, calquera “revolta” que non sexa antisistema non é, ó meu xuízo, unha Revolta real.

– “Non hai que perder de vista que son iles, os fundamentos da sociedade, os que han de ser abatidos e substituídos. É indispensable atacar as institucións e as formas de explotación tal e como estas se manifestan. Asemade, é preciso destruír a rede de ideas prefabricadas que se inculca ó ser humano dende a súa xuventude, non só nos establecementos burgueses de ensino senón tamén na escola primaria, non só na escola senón tamén nos cuarteis de adestramento, nas igrexas, na familia, nos medios de comunicación e de entretemento (…) Contra o réxime de envilecemento e de cretinización ó cal estas ideas falaces serven de armazón, cómpre chamar incesantemente a conciencia á Insurrección.” (Jean-Louis Bédouin)

– A democracia é o menor dos males? Talvez. Pero segue a ser un mal.

– E coma mostra un botón. A frase máis definitoria da doenza que padecemos pronunciouna esta semana o barón José Luís Baltar: “Ya todo el mundo sabe que soy un cacique, pero a mí me siguen votando.” Pois as dúas cousas son certas.

– Un colaboracionista non é un resistente. Un resistente non colabora co mal.

– O xoves lin a entrevista que a compañeira diste xornal, Isabel Bugallal, lle fixo ó xornalista Jorge Elías. Nela, Elías falaba dos obxectos de luxo que viu lucir a todos os líderes políticos mundiais que coñeceu. E, en rematando, acordeime de Gandhi: se cadra o único líder que morreu con moito menos do que tiña denantes de meterse en política. Case que nada, en realidade. Cando o mataron, Gandhi non mercara un reloxo de 540.000 euros coma Berlusconi, Putin e Schwarzenegger; non era adicto á Blackberry, coma Obama e Zapatero; non ía apegado a un maletín de coiro inglés con letras douradas, coma Mariano Raxoi, nin tampouco non posuía inmobles, empresas nin varias contas bancarias coma todos iles. Cando o asasinaron, o mahatma levaba unicamente o posto: un mantón, un taparrabos, unhas sandalias e un caxato. Ah, e os lentes!

– Lembrei a Gandhi, si. Mais tamén a Manfred Gnädinger: quizais o único creador autenticamente antiburgués, anticapitalista que houbo na Península Ibérica, e cuxo museo, asombrado e esborrallado, talvez sexa un reflexo da nosa conciencia colectiva. 

– O compañeiro César, cantante e compositor do meu rueiro, botoume o sábado iste conto que algúns de vostedes lembrarán. Disque Franco saíu un día ó balcón da Praza de Oriente, e, no seu ton habitual e co seu habitual aceno de maos, dixo: “Españooooolessss… Pero ¿quién vive mejor que vosotros?” E a xente respondeu a coro: “¡Franco! ¡Franco! ¡Franco!” Ben, pois, ende mal, iste conto podería aplicarse arestora ó Presidente do Goberno actual, a todos os seus predecesores e en realidade a todos os mandaríns de todos os partidos políticos.

– Conclusión: sen liberación persoal non pode haber revolución social. Sen revolución interior non hai Revolución posible.

 

[Escrito entre o sábado e o domingo, 21-22 do 2011] 

Asamblea de la Puerta del Sol – Habla Agustín García Calvo – Madrid, 19 de mayo de 2011

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos | Posted on 22-05-2011

 

Sois la alegría, es la alegría de lo inesperado, de lo no previsto, ni por parte de las autoridades y gobiernos, ni por parte de los partidos de cualquier color, verdaderamente imprevisto: vosotros los mismos o casi todos, hace unos pocos meses o semanas, tampoco lo preveíais que pudiera surgir. Aunque esto es así, la alegría es lo inesperado y no hay otra alegría, no hay futuro, como repetiré ahora, sin embargo voy a decir algo que parece contradictorio, que es que yo estaba esperando esto desde hace cuarenta y tantos años, cuarentayseis. [vivas y aplausos]

Os cuento un poco cómo: por los años sesenta, como habéis oído los más jóvenes, empezó a levantarse por el mundo una oleada principalmente de estudiantes en las universidades, cámpuses y sitios así de Tokio, California… el sesentaycinco, en febrero, esa oleada llegó a Madrid; yo me dejé arrastrar por ella con mucha alegría, me costara lo que me costara; como sabéis la ola después siguió en Alemania con Rudi Dutschke el Rojo y después finalmente en Francia, con el famoso mayo francés, donde fue más o menos terminando la ola. Os voy a decir cómo entiendo yo que aquello del año 65 se relaciona con esto. Tal vez alguno de los más viejos o no tan viejos os lo podrán decir que aquí seguramente incluso los padres de los más viejos de vosotros eran en aquel entonces estudiantes en la ciudad universitaria de Madrid, corriendo conmigo delante de los guardias, que entonces se llamaban los grises… pero por mi parte os lo voy a decir: es que en aquellos años en el mundo avanzado o “primero” se estaba estableciendo un régimen, un régimen del poder, que es justamente éste mismo que ahora estáis padeciendo conmigo… Me callo un poco mientras… [mucho jaleo. Una voz: “No te calles, sigue!”] …se estaba estableciendo este régimen, que es el que hoy estáis padeciendo conmigo, y que es, para decirlo brevemente, el régimen, la forma de poder en que el Estado, la gobernación, la administración estatal está del todo confundida con el capital, con las finanzas, con la inversión financiera: enteramente confundida. [aplausos, gritos] Por tanto se puede decir que es el Régimen del Dinero, simplificando, y por tanto yo creo que muchos de vosotros por lo bajo estáis sospechando que es contra eso principalmente contra lo que os levantáis, contra lo que sentís ganas de gritar, de decir lo único que el pueblo sabe, que es decir ¡NO! [aplausos largos. Voces: “ahí está”]

Por tanto, aquello que me arrebató a mis treintaynueve años, hace cuarenta y seis, es lo mismo que ahora llega a su culminación, a su casi vejez: el régimen del estado-capital, el régimen del dinero, efectivamente da señas él mismo de estar cansado, con cosas como los cuentos de la larguísima crisis y cualesquiera otros que os lleguen, y con las cifras y estadísticas con las que cada día tratan de entreteneros para que no sintáis, no os deis cuenta de lo que está pasando por detrás de las cifras y de los nombres que gobiernos o partidos sacan para eso, para teneros entretenidos precisamente. De manera que es bastante lógico que me encuentre entre vosotros en este momento de, más que madurez, envejecimiento del régimen, como me encontraba en sus comienzos. Para mí el levantamiento de los estudiantes por el mundo en el 65 obedecía a que se daban cuenta de lo que nos venía encima; ahora vosotros habéis tenido mucha más cantidad de sufrimiento directo de lo que el régimen es, aunque lo llaméis con diferentes nombres a este sufrimiento, y por tanto es, al mismo tiempo que inesperado, lógico que os estéis levantando y voceando contra ello.

Yo puedo contaros más, pero tampoco querría, por ponerme aquí a colaborar a mi manera con este levantamiento, como quiera que lo llaméis, no querría parecer que vengo a dar consejo, pero, a pesar de que no quiero parecer tal cosa, os voy a adelantar un par de ocurrencias que me vienen, ocurrencias negativas sobre todo. Lo primero es no contar para nada con el Estado sea cual sea: ninguna forma de organización estatal. [aplausos y revuelo] Es un error que por lo que veo muchos de vosotros percibís sin que haga mucha falta decíroslo. Por tanto, y a consecuencia y a continuación, tampoco se puede utilizar para nada la Democracia, ni el nombre de ‘democracia’. Lo siento, esto ya veo que no despierta tan inmediatos aplausos, pero sin embargo tengo que insistir en ello. Ya comprendo que lo de elegir lemas como “Democracia real ya” puede ser, por parte de quien lo inventara, una táctica, una táctica para no dar demasiado la cara, porque parecería que decir de frente y de inmediato “¡No a cualquier Estado, democrático o no!”, podría sonar mal y esta timidez o modestia puede esplicarlo, pero yo creo que es hora de irse desprendiendo de este engaño. La Democracia es un trampantojo, es un engaño para lo que nos queda de pueblo vivo y de gente; lo era ya desde que se inventó entre los antiguos griegos en Atenas y otros sitios. Es un trampantojo que está fundado sobre todo en esta confusión que el nombre mismo denuncia: demo y kratos. Kratos es poder y Demo se supone que es pueblo, y, sea lo que sea de los avatares de cualquier historia, nunca el pueblo puede tener el poder: el poder está contra el pueblo. [bravos] Esto es una cosa demasiado clara, pero hay que entenderla. [aplausos y vivas] De manera que supongo que esta contradicción que está ínsita en el propio nombre de la democracia os anima mucho más a entenderlo de veras. El régimen democrático es simplemente el más avanzado, el más perfecto, el que ha dado mejores resultados, el que ha llegado a producir el Régimen del Bienestar en el que nos dicen que vivimos; es simplemente eso, pero al mismo tiempo no deja de ser el Poder, el de siempre. Por el contrario, cuanto más perfecto, cuanto más avanzado, está más avanzado en sus trucos para engañar y por tanto en el manejo de la mentira, que es esencial para cualquier Poder. Esto espero que lo entendáis también bien: sin mentira no se sostiene ninguna forma de Poder. La mentira es el hacer creer, la fe, y ése es el cimiento, el fundamento para cualquier estado. De manera que, si alguno de vosotros tiene la ilusión de acceder a una democracia mejor, pues le pediría que se fuera desengañando de ese camino. No es por ahí, no es por ahí, y si vuestro levantamiento llegara a alcanzar un carácter organizado, en definitiva semejante al de la propia administración del Estado, estaría ya con ello mismo perdido, no estaría haciendo más que repetir otra vez la misma historia con otros colores y perfeccionada justamente porque ha asimilado el levantamiento, porque ha asimilado la protesta, que es la manera en que a través de revoluciones siempre fracasadas los estados han venido avanzando; es lo que justamente les hace falta, porque para seguir siendo el mismo como lo es, el Dinero no puede menos de cambiar, cambiar para seguir igual: éste es el gran truco que tenéis encima. Cuando os sugiero o os pido la renuncia a ideas de otro estado mejor, de otro poder mejor y os recuerdo que… [jaleo grande en la plaza]

…ya voy a terminar para que os entretengáis con otras cosas a lo mejor más divertidas que yo. Cuando estoy atreviéndome a recomendaros el desengaño de cualquier forma de poder, y por tanto estoy borrando de la lista algunas de las reivindicaciones que vuestros dirigentes han establecido y divulgado, al mismo tiempo os estoy desengañando de otra cosa, que es el Futuro, el Futuro: éste es el enemigo. Comprendéis bien que al rechazar vuestro levantamiento como intención de encontrar otro régimen mejor, estoy desengañándoos de el futuro [“¿qué propones?”]. El futuro es eso con que os engañan, a los viejos también, pero sobre todo a los más jóvenes, cada día: os dicen “tenéis mucho futuro” o “tenéis que haceros un futuro”, “cada uno tiene que hacerse su futuro” y eso es justamente, aunque no lo digan, una resignación a la muerte, a la muerte futura. El futuro es eso; por tanto el futuro es el que necesita el Capital; el dinero no es más que crédito, es decir, futuro, fe en el futuro; si no pudiera echar cuentas, ni habría Banca ni habría presupuestos estatales. El futuro es de ellos, es su arma. Por tanto nunca dejéis que os suene como algo bendito o beneficioso: debe sonaros justamente a muerte, que es lo que es el futuro. Lo que estemos haciendo aquí, lo que estéis haciendo aquí, ello dirá lo que da de sí, pero no tenemos futuro; no tenemos futuro porque eso es propio de las Empresas, de las finanzas y del Capital. ¡No tenéis futuro!: esto es lo que hace falta ser valientes para denunciar.

Os voy a dejar ya, no voy a hacer más sugerencias por ahora. Una cosa mucho más práctica y de momento: desearía por supuesto que después de las famosas elecciones de… del 22, que estorban mucho, (ya lo habréis visto cómo no sólo los Medios os enredan junto con la cuestión de las elecciones, que no tienen nada que hacer, sino que muchos de vosotros perdéis una gran parte de vuestro tiempo pensando cuál es lo que hay que hacer respecto a votar o no votar y votar por acá o votar por allá), es un estorbo formidable… de manera que mi deseo sería que, cuando pase ese coñazo, esa estupidez de las votaciones, sigáis vivos, sigáis vivos y más o menos juntos los unos con los otros. [aplausos] Y en ese caso me atrevería a sugeriros una táctica de momento (seguir haciendo las asambleas aquí es probablemente un error que no puede sostenerse mucho): desde luego en esto, en una rebelión como ésta, como ya creo que todos sabéis, no puede haber otro Órgano ni decisivo ni representativo más que las asambleas. Y os lo voy a decir enseguida por qué [aplausos]: no puede haberlo porque las asambleas como ésta misma tienen esta gran ventaja: que no se sabe cuántos son, están entrando y saliendo, y nunca se pueden contar, y por tanto nunca pueden votar, como hacen los demócratas, porque no se sabe ni cuántos son ni cabe estadística ni cabe cómputo ninguno. Esto es lo que a una gran asamblea la acerca a ser eso de pueblo, que no existe pero que lo hay, y que es lo que queda por debajo de las personas, que ésas, sí, se cuentan en número de almas y en número de votos, pero lo que queda por debajo, no. Así que no renunciar nunca a las asambleas. Tal vez una dispersión.

Ahora me dirijo un poco a la parte de vosotros que son estudiantes más o menos y que me tocan más de cerca: una de las tareas más inmediatas sería ocupar las escuelas y facultades, con caramés incluído [aplausos]. Y termino diciéndoos por qué: porque hace mucho tiempo bajo el Régimen del Bienestar, bajo este régimen que padecemos, los centros de enseñanza, las Universidades, han quedado reducidas a una sola condición real, que es la examinación: examinar, todo lo demás son cuentos [aplausos]. Tienen que examinar para producir por ese camino futuros funcionarios tanto del Capital como del Estado o de la Universidad misma, que es también una parte de esos implementos del Estado. [Interrupción por cánticos en la plaza: “oé oé oé/ lo llaman democracia y no lo es”].

Por tanto y para dejaros, mi sugerencia va en este sentido: ocupación de los centros, hacerlos reconocer que no están ahí ni para enseñar ni para investigar ni para nada, que están ahí para examinar, examinaros y producir así futuros funcionarios, están creando vuestro futuro, en eso no nos engañan, y por tanto la acción más inmediata ¿cuál puede ser?: pues naturalmente la destrucción, el boicoteo de los exámenes en curso; por ejemplo, los que ahora acaban de empezar en mayo mismo. Es algo de corazón [aplausos]. Con esto que a lo mejor lo primero os puede parecer un poco descabellado, pero que, si os dejáis pensarlo, a lo mejor no tanto, recordando que la sumisión a los exámenes es simplemente sumisión al futuro, que nosotros no tenemos futuro, y recordando que los centros en los que estáis metidos están destinados solamente a eso, a la fabricación de futuro y números de funcionarios, tal vez no os parezca tan insensata la propuesta. Pero os parezca o no, con esto ya me despido, volviendo a repetiros la alegría que esto tan inesperado me ha traído y que al mismo tiempo estaba esperando desde el año ’65. ¡Salud! [¡Gracias!].

Resistencia (eléctrica)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 17-05-2011

Que eu saiba, ó longo da Historia ningún país tivo endexamais “un porvir plurilingüe” (Núñez Feixóo).  

E moito menos un país domado e castrado, coma iste.

Polo demais, eu son xusto o que o señor Feixóo non quere: “un galego da Resistencia”.

Pois “resistir éo todo” (Rainer María Rilke).

Transmigración

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Poemas propios | Posted on 15-05-2011

 

A Lois Pereiro, en resposta,

“sabendo que debería ter sabido”,

“retomando a perdida

aprendizaxe”.

 

“Il vero amore è una quiete accesa”

Giuseppe Ungaretti

 

“Os ignorantes renacen nun seo materno.

Os malévolos, nun estado de sufrimento.

Os benévolos, nun estado de delicia.

Tan só os que se liberan das impurezas

Da mente acadan o Parinirvana.”

Dhammapada, IX, 126.

 

   

Vou facer que esta enerxía

Nin creada nin destruída

Acade ó fin o seu

                                   fin.

 

Construtor non volverás

Erixirme na túa vida,

 

Transformándome nunha agroeira

De sentidos de sensacións

Vougas e dolosas,

Sometida a outras

Riadas de corpos

Sometidos.

 

Agora que estou a devir

Na luzada da corrente

Non arelo ningunha orela,

Nin sequera a súa vaira.

 

Fitando ecuánime o transo

Cunha quietude acesa

Eslumireime ata esluírme

Na cesación de todo

Iste dó, xa sen retorno.

 

NOTA: Tal e como indica a dedicatoria, iste poema de meu é unha “resposta” a outro poema -gran poema- homónimo de Lois Pereiro, o protagonista do Días das Letras Galegas 2011 que se festexa mañá. Con il non pretendo en absoluto “comerlle as papas”  a Pereiro senón simplemente dialogar con il. De persoa a persoa. De buscador a buscador. De poeta a poeta. Evidenciando, iso si, que, malia o aprecio que sinto pola súa obra, non comparto a actitude vital que dela se desprende:

“Aniquilar el dolor aniquilando el deseo”, dijo Buda. Un buen consejo que llega un poco tarde porque soy ya un experto en ambas cosas y prefiero sufrir, callar y hundirme los dedos en la herida antes de olvidar el más mínimo instante de mi deseo por ti. Ya ves, nunca seré budista. Demasiado tiempo entre dos vidas y no quiero perderte entre transmigraciones y, entre ellas, mi dolor y mi fracaso.  (Lois Pereiro. “Conversas Ultramarinas”).

You’re A Big Girl Now

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Cancións sublimes | Posted on 15-05-2011

 

03 You’re a Big Girl Now

 

Bob Dylan – Blood on the Tracks (NY Sessions) – 03 You’re A Big Girl Now

 

You’re A Big Girl Now

Our conversation was short and sweet
It nearly swept me off-a my feet
And I’m back in the rain, oh, oh
And you are on dry land
You made it there somehow
You’re a big girl now

Bird on the horizon, sittin’ on a fence
He’s singin’ his song for me at his own expense
And I’m just like that bird, oh, oh
Singin’ just for you
I hope that you can hear
Hear me singin’ through these tears

Time is a jet plane, it moves too fast
Oh, but what a shame if all we’ve shared can’t last
I can change, I swear, oh, oh
See what you can do
I can make it through
You can make it too

Love is so simple, to quote a phrase
You’ve known it all the time, I’m learnin’ it these days
Oh, I know where I can find you, oh, oh
In somebody’s room
It’s a price I have to pay
You’re a big girl all the way

A change in the weather is known to be extreme
But what’s the sense of changing horses in midstream?
I’m going out of my mind, oh, oh
With a pain that stops and starts
Like a corkscrew to my heart
Ever since we’ve been apart

Poema improvisado a partir dunha foto de Paula Gómez del Valle

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas, Poemas propios | Posted on 15-05-2011

 

MEDUSA 

 

                             Seme

Do mar

 

Primeira xema

Da pedra

                             Auroral

 

Quen te fita

Recoñécese

Na túa lúa

                             Tentacular

 

Tal e como foi

Tal e como será

 

Nota 1:  O principio diste poema naceu improvisado, onte, Día dos Museos, diante desta foto de Paula Gómez del Valle, magnífica creadora coa que tivemos o privilexio de contemplar a súa exposición. Logo, remateino na casa, hoxe.

Nota 2: En galego, o primeiro senso da palabra “xema” é “xermolo” (brote, gérmen, en castelán).

Sona

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 14-05-2011

Eros, Pluto e a Gloria

A Sona (Fama) é esa voz que, cando xa estás na cama, xusto antes de pechar os ollos, te lembra que aínda es a mesma persoa que onte: cos mesmos defectos, cos mesmos medos, coas mesmas obsesións, coas mesmas neuroses, coas mesmas paranoias… E que, ai, ti tamén morrerás só.

A Cociña Económica

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 14-05-2011

“A literatura galega [está] dominada por profesores [e catedráticos…] Cada un traballa no que pode, pero nótase que non hai ningún Joseph Conrad na literatura galega (…) Eu teño unha maneira de vivir allea a todo iso” (fragmento dunha entrevista con Lois Pereiro -ou dunha conversa entre Pereiro e Díaz Castro na Cociña Económica de Madrid, que eu tamén frecuentaba daquela, e onde se cadra os vin algunha vez, sen saber quen eran iles…)