Ollo por ollo… e o mundo devén cego

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 02-05-2011

Non me aleda ren a morte de Bin Landen. Horrorízame ver o corpo torturado e masacrado de calquera ser humano. Mesmo do máis ruín.

Canto máis ignorante, máis cruel sexa un ser humano máis compaixón debemos sentir por il.

Malia dous mil anos de prédica, os cristiáns seguen sen comprender a diferenza entre a actitude de Barrabás  e a de Xesús de Nazareth. E, após asistir á beatificación de Xoán Pablo II, velaí están os máis… festexándo a vitoria de Iahvé sobre Alá, do “Ben” sobre o “Mal”, o “ollo por ollo…” e o mundo devén cego. Cun cristián-musulmán, un Premio Nóbel da Paz, ai, á cabeza…

Os comentarios están pechados.