Reprimenda a min mesmo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 08-05-2011

     

     

O mono que deu

      En min

      Bule aínda

      No interior

 

      Velaí está velaí vai velaí

      É a miña mente

 

      Cadora cobizosa

 

      Chimpando de galla en galla

      Petiscando calquera froito

      Apañando e desbotando

      Sen acougar endexamais…

 

      Ti home que fuches muller

      Ti muller que serás home

     

      Vas pasar tamén esta vida

      Tódalas túas existencias

      Escravizado por un mono?

 

NOTA: Isto NON é un poema senón a Rebuke of/for Myself -Whitman dixit.

 

     

Os comentarios están pechados.