Sona

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 14-05-2011

Eros, Pluto e a Gloria

A Sona (Fama) é esa voz que, cando xa estás na cama, xusto antes de pechar os ollos, te lembra que aínda es a mesma persoa que onte: cos mesmos defectos, cos mesmos medos, coas mesmas obsesións, coas mesmas neuroses, coas mesmas paranoias… E que, ai, ti tamén morrerás só.

Os comentarios están pechados.