Poema improvisado a partir dunha foto de Paula Gómez del Valle

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas, Poemas propios | Posted on 15-05-2011

 

MEDUSA 

 

                             Seme

Do mar

 

Primeira xema

Da pedra

                             Auroral

 

Quen te fita

Recoñécese

Na túa lúa

                             Tentacular

 

Tal e como foi

Tal e como será

 

Nota 1:  O principio diste poema naceu improvisado, onte, Día dos Museos, diante desta foto de Paula Gómez del Valle, magnífica creadora coa que tivemos o privilexio de contemplar a súa exposición. Logo, remateino na casa, hoxe.

Nota 2: En galego, o primeiro senso da palabra “xema” é “xermolo” (brote, gérmen, en castelán).

Os comentarios están pechados.