Correspondencias sociolingüísticas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña | Posted on 20-06-2011

Andar sin blanca: andar á miñoca; andar a abanear/ a asubiar; andar ós cágados na preguiza; andar a pan pedir; andar alcanzado de conta; andar á quinta pregunta; andar co cu no ferrado; andar cunha man chea de nada e outra de cousa ningunha; andar en cirolas; andar por portas; estar a velas vir; estar descalzo de pé e perna; estar na neve/ nas pallas; estar sen branca; non ter un argallo/ un peso/ un can/ unha cadela/ un pataco/ un patacón/ un mal apaño/ unha sede de auga/ un carto (pra mandar cantar un cego); non ter máis có día e a noite; non ter onde caer morto; non ter onde pousar un pé; non ter pra un dente; non ter nada que levar á boca; non ter lume, nin fume (nin pinta de estrume = traballo, choio); andar pingando laceira (penuria, pobreza extrema con fame e miseria; lepra); roerlle a un a miseria os ósos.

Birlar: furtar, pillar, ripar, repenar, roubar; facerse cun Botín; ter unha conta en Suíza.

En abundancia/ a base de bien: a bálamo; a bao; a barullo; a bater; a boa; a cargas; a carradas; a dar co pé/ cun pau; a desbolle; a eito; a embute; a esgalla; a fartar; a fío; a mans cheas; a mazo; a moreas; a pote; a rego; a treu; a tronzos; a tombos; a varrer; a vurullóns; ás moreas; ás petadas; ata máis non poder; coma area; coma chuvias; máis cá lama; o que non se diga.

Endogamia/ ellos se lo guisan y ellos se lo comen: endogamia; iles fan a festa e iles botan os foguetes.

Esto es jauja: isto é mel (nas filloas)/ ouro sobre azul/ un maná/ unha bicoca/ unha mina/ unha regalía.

Esto es la berza/ clama al cielo: isto é cousa do demo/ é o demo; isto é o que non se diga; isto non ten nome; isto… tíralle do aire!; vaia o demo con isto!

Esto es una jaula de grillos/ la casa de tócame Roque: isto é unha algueirada/ un batifondo/ un desencravo/ unha ola de grilos/ unha zarracina/ a casa da Collona/ a casa de pousafoles/ a casa de Troia.

Esto es un disparate/ una chapuza: isto é un despropósito/ unha carallada/ unha trafulca/ unha trampullada/ unha trangallada/ unha trapallada/ unha zarapallada; isto non leva xeito nin traza/ xeito nin dereito.

Esto es un robo: isto éche unha lurpiada.

Forrarse/ tener una pasta gansa: forrarse; ter cartos a mazo/ moita música/ moitos cartos de Deus/ unha chea de xarda.

Hay que joderse: manda carallo/ truco!; tócalle o carallo (ó mar)!; tócalle os collóns!

Importarle un bledo a alguien: darlle polo cu; deixar estar; facer coma quen oe chover/ coma se cantase un carro/ coma se ladrase un can; face-lo inglés/ o parvo/ o sueco/ o xordo; facer coma quen non oe/ ve; e eu (ti, el…) preocupado!; importarlle ben; importar un can/ carallo/ fento/ pataco/ pito/ un farrapo de gaita/ un rabo de can/ unha figa; non importar nin un bocadiño/ un chisco/ un nada/ unha landra/ unha merda/ unha migalla/ unha mincha; mirar pra outro lado; pesarlle tanto un ombro coma o outro; terlle tanto a alguén: tanto lle(s) ten!

Ir de culo: ir a ceacú/ de costas/ de cu/ de recadén/ de recú.

Irse al carajo/ caerse con todo el equipo: alá vai canto María fiou; alá vai o burro coas noces; apañala quente; apañala boa; arma-lo merlo; cagala; colle-lo porco polo rabo; estalarlle a castaña na boca a alguén; estalarlle unha castaña a alguén; facela boa; fodela; ir mallar e vir mallado; ir ó/ pró carallo; mete-la zoca; non da-las contas da casa coas da feira; saírlle a alguén a pascua en sexta feira/ a pascua en venres/ a porca (mal) capada/ a cadela can/ a cousa chosca/ a galiña choca/ as contas furadas; saírlle a alguén grila unha cousa; torcérselle a un o carro.

La madre que los parió: a cona que os botou!; a nai que os criou/ fixo/ pariu/ pintou!; demo o santo que os deu!; malia o berce que os abalou!; malia quen os abatanou!

Mangante: lerchán, lacazán, folgazán, preguiceiro, nugallán, mangoleteiro, manguelo; arteiro, ladrón, ladro, pillabán, pillo, raposo, raposeiro.

Mas chulo que un ocho: cheo de si; moi ancho/ teso; sen que lle colla unha palla no cu.

Nuevo rico: novo alcalde/ banqueiro/ construtor…; novo ladro.

Pasarse algo o a alguien por el forro: pasar algo ou alguén pola punta da gaita/ pola punta da migalla/ pola punta do carallo/ polo carallo/ polo cu/ polas cachas/ polo arco da vella.

Por la cara: de bóbilis bóbilis; pola súa cara boa; porque si; sen rebenta-los estrobos.

Ser un jeta/ un sinvergüenza: ser máis lavado cás pedras do río/ có caldo do venres/ cós peixes do mar; ser mazado coma un polbo; ser raído coma unha manta sen pelo; ser un cara lavada; ser un descarado; ser un escachado; ser un lampantín; ser un lavado; ser un mazado; ser un xarelo.

Soltar la pasta: arria-la galiña/ pasta/ xarda; asollar/ chuchar/ cichar/ chuca-los cartos; solta-la pita/ o patacón.

Tener mucho cuento: ser todo conto/ parola/ peteiro.

Trepar (en la escala social): aganchar, engatar, rubir, gabear (na escada social); afiliarse a un partido político.

Vérselas y deseárselas: pasalas crúas/ estreitas/ negras/ rabudas; pasa-las de Caín/ de Cristo/ de Exipto/ as penas do Purgatorio; facer filigranas/ números; vira-lo cu por riba da cabeza.

Os comentarios están pechados.