Carpas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Animais Animais, Fotos alleas, Poemas propios | Posted on 03-09-2011

Por unha presada de rafas

 

Emerxen desa verde opacidade

Dise bulleiro onde podrecen

Os refugallos do mundo

 

Por unhas rafas de nada

 

Arremuíñanse furiosas

Na beira do estanque

Non pra saciaren senón

Máis ben pra alimentaren

O seu círculo de apetitos

 

Asomando canto poden

Os corpos grises e graxos

Un envurullo de escamas

No que o sol non escintila

 

Arrebólannos suplicantes

Os seus dous punzóns obtusos

Mentres boquean e boquean

Coma presas da asfixia

 

Os cativos fítanas

Entre arrepiados e pampos

Ou ben ás veces recréanse

Na súa violenta anguria

Cuspíndolles no lombo

Guindándolles pedras

 

Por fin

Cando o delirio conclúe

E só resta na auga

Unha marusía confusa

Fican un intre rebuscando

Ó garete

 

Ata que a mesma negrume

Da que xurdiran denantes

As engule de novo

Devolvéndoas ó fondo

 

(Castelán)

CARPAS

 

Por un puñado de migas

 

Emergen de esa verde opacidad

De ese limo donde se pudren

Los excrementos del mundo

 

Por unas migas de nada

 

Se arremolinan furiosas

A orillas del estanque

No para saciar sino

Más bien para alimentar

Su círculo de apetitos

 

Asomando cuanto pueden

Los cuerpos grises y grasos

Un revoltijo de escamas

En el que el sol no resplandece

 

Nos lanzan suplicantes

Sus dos punzones obtusos

Mientras boquean y boquean

Como presas de la asfixia

 

Los niños las contemplan

Entre aterrados y atónitos

O bien a veces se recrean

En su violenta angustia

Escupiéndoles en el lomo

Arrojándoles piedras

 

Por fin

Cuando el delirio concluye

Y sólo resta en el agua

Una marea confusa

Permanecen un instante

Rebuscando a la deriva

 

Hasta que la misma negrura

De la que habían surgido

Las engulle de nuevo

Devolviéndolas al fondo

 

(Do libro Animais Animais.

Foto: Almudena Nicás)

Os comentarios están pechados.