Cómo fala a árbore

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Pan de ánimas, Poemas propios | Posted on 29-09-2011

 

CÓMO FALA A ÁRBORE  

 

Abríndose as xemas en canal,

A fin de que a chuvia cale nela, a axude a xermolar,

 

Crecéndose cadora cara á luz, deixándose querer

Por ise intenso imán que todo o acrisola no seu cerne,

 

Abatanada polas furias que tronzan as súas gallas,

Esgazan a cortiza, arcan o seu sámago estelar,

 

A árbore

Non sabe, non pode, non quere dicir ren.

 

Tan só enraizada no silencio, no seu

Búdico silencio, se cadra renacendo, amosando mansamente

 

Unha soa flor,

Fala a árbore, e fálanos.  


 

CÓMO HABLA EL ÁRBOL  

 

Abriéndose las yemas en canal,

A fin de que la lluvia cale en él, lo ayude a retoñar,

 

Creciéndose constante hacia la luz, dejándose querer

Por ese intenso imán que todo lo acrisola allá en su centro,

 

Abatanado por las furias que tronchan sus ramajes,

Desgajan su corteza, comban su médula estelar,

 

El árbol

No sabe, no puede, no quiere decir nada.

 

Tan sólo enraizado en el silencio, en su búdico silencio,

O acaso renaciendo, mostrando mansamente

 

Una sola flor,

Habla el árbol, y nos habla.

 

Do libro Pan de ánimas,

(Edicións Xerais)

 

 

Comments:

(2)Cómo fala a árboreThere are Comments for the