Trémolo (versións galega e castelá)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Pan de ánimas, Poemas propios | Posted on 22-10-2011

TRÉMOLO

A Belén Gopegui,

que me aprendeu a amalo.

Outono, dispensador de sortilexios

Aéreos, cromáticos.

Onte, transitoriamente

Verdes e uniformes,

As árbores revelan hoxe

A súa multiplicidade:

Tintos, ocres, marelos…

Qué lume novo,

Desencadeante

Limpa de escoura

Istes metais?

Qué vendaval consorte

Os ispe agora,

Os reviste logo

Semellantes e desiguais asemade?

Algo está a manifestarse.

Non o barrunta ninguén

Pero o anuncia o tordo prevido

Polo tremor da sabina.

O seu diapasón e o teu vibran ó unísono.

TRÉMOLO

A Belén Gopegui,

que me enseñó a amarlo.

Otoño, dispensador de sortilegios

Aéreos, cromáticos.

Ayer, transitoriamente

Verdes y uniformes,

Los árboles revelan hoy

Su multiplicidad:

Tintos, ocres, amarillos…

¿Qué fuego nuevo,

Desencadenante

Limpia de escoria

Estos metales?

¿Qué vendaval consorte

Los desnuda ahora,

Los reviste luego

Semejantes y desiguales al tiempo?

Algo está manifestándose.

No lo barrunta nadie

Pero lo anuncia el tordo prevenido

Por el temblor de la sabina.

Su diapasón y el tuyo vibran al unísono.

O deus/xamán hastado

Posted by Xoán Abeleira | Posted in espiritualidade(s) | Posted on 19-10-2011

XAMÁNS DA COVA DOS “TROIS FRÈRES”

ESPIRITUALIDADE PRIMIXENIA

ESPIRITUALIDADE XAMÁNICA SIBERIANA

PASHAPUTI (ESPIRITUALIDADE HINDÚ)

CERNUNNOS (ESPIRITUALIDE CELTA)

DIAÑO (RELIXIÓN CRISTIÁ)

……………………………………….

Arturo Casas: “Animais Animais”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos, Críticas | Posted on 06-10-2011

No ano 2001, o poeta, crítico, tradutor, ensaísta e profesor Arturo Casas tivo a amabilidade de ser a primeira persoa que escribiu verbo do meu primeiro libro en galego, Animais Animais, co gallo da presentación do mesmo. O seu texto -que xa entón me pareceu dunha extraordinaria lucidez, e, xaora, dunha excesiva xenerosidade- pode lerse agora pendurado na web   http://www.poesiagalega.org/. Cousas, ámbalas dúas, polas que lle estou enormemente agradecido.

Velaquí volo deixo en formato pdf:

casas_2001_abeleira