Karma

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 04-12-2013

Unha sociedade machista só pode xerar machistas.
Unha sociedade ladroa só pode xerar ladróns.
Unha sociedade corrupta só pode xerar corruptos.
Unha sociedade hipócrita só pode xerar hipócritas.
Unha sociedade explotadora só pode xerar explotadores.
Unha sociedade violadora só pode xerar violadores.
Unha sociedade violenta só pode xerar violentos.
Unha sociedade enferma só pode xerar enfermos.
Unha sociedade ignorante só pode xerar ignorantes.
Etc.
E se a isto lle sumamos que os cárceres seguen a ser lugares de represión e non de reinserción, de que carallo nos queixamos?
Se non facemos ren por transformarnos a nós mesmos e, daquela, transformar a sociedade, que outra cousa cabe esperar senón máis machismo, latrocinio, corrupción, hipocrisía… pura e dura ignorancia?
Ren nin ninguén está libre da Lei da Causa e do Efecto.