Blogaliza utiliza cookies de Google e de WordPress para fornecer servizos e analizar o tráfico. Ao navegar neste sitio estás a aceptar o seu uso.
Máis informaciónAceptar
(1)Crítica de Ana Vega verbo de “Illuminations (Painted Plates)”There are Comments for the
Manuel Sánchez says...
Señor Abeleiro
Son un alumno do IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía De Arousa, que necesita facer unha entrevista a un escritor galego para un traballo de Lingua. Diríxome a vostede para facerlle esa solicitude para que me conceda a entrevista.
Atentamente Manuel Sánchez
Posted on: 4/Abr/2014@8:45 p.m.
Autorretrato
Novo libro
Verbo de min
Escritor, xornalista e tradutor galego. Obras publicadas: En galego: Animais Animais (Espiral Maior), Magnalia (Espiral Maior), As aventuras de Nunavut (Xerais, catro volumes), A pegada de Man (Xerais). Castelán: Umbral del Centinela/La piel Iluminada (Olifante), Identidades (Hiperión), Nueve motivos para un obsequio (Mandala), Animales Animales (versión bilingüe, Bartleby Editores) e As nosas sombras no Xardín de Serralves (Franouren). Autor de máis dunha trintena de traducións, entre as últimas destacan a Poesía Completa de Sylvia Plath (Bartleby Editores, ó castelán), Porca Terra de John Berger (Rinoceronte, ó galego), Ouveo e outros poemas/Aullido y otros poemas de Allen Ginsberg (ó galego e ó castelán, con máis de sesenta notas: ver link en lista de blogs).
O meu obxectivo coma creador: «Devir nun poeta primitivo». O meu obxectivo coma persoa: «Devir nun verdadeiro retraído», consonte a antiga acepción diste adxectivo: «Dicíase de alguén refuxiado/a nun lugar sacro». Isto é: coma creador, acubillarme na Tripla Xema superrealista: Poesía, Amor e Liberdade. E, coma persoa, na da procura da Iluminación: o Buda, o Dhamma e a Sangha. Case ren!
@s amig@s de fala castelá, portuguesa ou calquera outra marabillosa podedes procurar os termos que non entendades nesta ligazón, na que acharedes as correspondencias cos termos da vosa lingua:
http://www.digalego.com/
Ou ben podedes traducir mesmo frases enteiras niste tradutor en liña:
http://www.opentrad.com/
Pra ollar o resto dos vídeos, ou velos nun formato mor, premede na súa correspondente categoría. Tamén podedes achalos, xunto con outros varios, procurando en Youtube ou en Vimeo o meu nome.
Señor Abeleiro
Son un alumno do IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía De Arousa, que necesita facer unha entrevista a un escritor galego para un traballo de Lingua. Diríxome a vostede para facerlle esa solicitude para que me conceda a entrevista.
Atentamente Manuel Sánchez