CINCUENTA ANIVERSARIO DA NON MORTE DE ANDRÉ BRETON

Posted by Xoán Abeleira | Posted in André Breton | Posted on 24-09-2016

Esta crise nosa é tan aguda que eu, pola miña banda, tan só vexo unha solución: chegou a hora de facer valer as ideas da muller en detrimento das do home, cuxa creba tumultuosa se consuma na actualidade[…] Que a arte non dubide en dar prioridade á suposta «irracionalidade» feminina, que teña ferozmente por inimigo todo aquilo que, alaudándose de ser certo, de ser sólido, leva en realidade a marca desa intransixencia masculina que, no plano das relacións humanas a nivel internacional, está demostrando, arestora, do que é capaz. Xa non é momento de entreterse a este respecto en veleidades, en concesións máis ou menos vergoñentas, senón de pronunciarse […] claramente en contra do home e a prol da muller; de desposuír ó home dun poder do que, como xa demostrou tantas veces, abusa ata a saciedade, para poñelo ó fin en mans da muller; de denegar ó home todas as súas demandas mentres a muller non recobre a parte equitativa que lle corresponde dese poder. E isto non só na arte senón na vida.

André Breton, Arcano 17
(incluído en Pleamargen)

Elisa Bindorff

elisa

Presentación ¨Pleamargen¨ de André Breton no Centro de Poesía José Hierro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in André Breton, Presentacións, Traducións | Posted on 24-09-2016

de980a3c518f327bf494ea27c179ab27b76f77a3ff3ac60d52cfc5d64641250d

http://www.cpoesiajosehierro.org/web/front.php/poesia-en-la-red/convocatorias/item/presentacion-de-pleamargen-poesia-1940-1948-de-andre-breton#