Pola senda de San Amaro (Limerick)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in inéditos, Poemas propios | Posted on 16-05-2017

POLA SENDA DE SAN AMARO

(Limerick)

A lombos dun xinete sen cabalo

Trotaba ledamente o seu vasalo

Carrando un can palleiro cheo de pulgas:

Tropeza o cabaleiro – cae o vasalo –

Machuca o can – e os tres finan coas pulgas.

X.A.

A Alfred Jarry e Edward Lear.

Obra de Javier Pagola: “Cabalo pantasmal”.

Os comentarios están pechados.