A DOUTÁN. Xornadas surrealistas.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Exposicións, Presentacións, Propostas culturais | Posted on 25-10-2017

 

Xornadas surrealistas co gallo da presentación da exposición ¨A VIDA DENDE O OUTRO LADO: O surrealismo galego-portugués”, prevista para febreiro-marzo do 2019, na Coruña.

Venres 27 de outubro
17.30 Integracion activa na xeroperformance do creador brasileiro
Paulo Bruscky.
18.00 Relatorio de soños. Onilirismo, falando abertamente cos ollos pechados.
19.30 Creacións poético-musicais de João Sousa.
20.00 Posta en común do libro ¨O pronunciábel dia da súa morte¨, de Xesús González Gómez (verbo da recepción na Península Ibérica da noticia do pasamento de André Breton) e mais doutras diversas publicacións do Grupo Surrealista Galego.

Sábado 28 de outubro
18.00 ¨A lingua das pedras¨, faladoiro verbo do amor tolo polas pedras no xamanismo, no celtismo, no romanticismo, no simbolismo e no surrealismo. Coios e coídos como plataformas cara ó outro lado. Mostra de pedras intervidas a doután por divers@s convidad@s.
19.30 Liberdade poética, liberdade de acción.
19.30 Performance de Enrique Tenreiro.
20.30 ¨A vida dende o outro lado¨, presentación do proxecto. Un pasado en presente cara ó futuro…

Organizan e coordinan:
Tono Galán + Xoán Abeleira
co apoio da Concellería de Cultura da Coruña e maila Fundación Luís Seoane.
Participan e colaboran inmensamente: Tiago Alves, Isabel Andrade, Arturo Casas, Pedro Casteleiro, Roberto Castro, Javier Correa Corredoira, François Davo, Julián Díaz, Alfredo Ferreiro, Xesús González Gómez, Begoña Paz, Begoña Pastoriza, Xulia Regueiro, Sol Rivas, Blanca Silva, João Sousa, Enrique Tenreiro, Sofía Torreiro, Ramiro Torres, Karlotti Valle, Ana Zapata…
e vós…outr@s… e máis…
pois estamos abert@s ó Aberto…
SEMPRE A DOUTÁN.

https://www.facebook.com/events/871483949674274/

Os comentarios están pechados.