Carballo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 28-11-2017

CARBALLO

Un día, alguén -se cadra unha muller- pronunciou por vez primeira a palabra ¨carballo¨. Un día, seica, da Idade de Pedra. (E a palabra ¨cosco¨, e a palabra ¨carqueixa¨, e a palabra ¨meda¨…) Non é de estrañar, daquela, que o lubre da carballeira sexa o lugar máxico, ritual, comunal por excelencia do meu país, do meu pobo. Non é de estrañar que aínda arestora en algures se lle renda culto ó carballo, se depositen velas, exvotos… a carón das súas raíces.
Aquil día sublime, faltaban cando menos 10.000 anos pra que o Imperio Romano invadise a Gallaecia, e nos impuxese a palabra ¨quercus¨. Aquíl día marabilloso faltaban cando menos 11.500 anos pra que o Imperio Español asoballase o Reino de Galicia e nos impuxese a palabra ¨roble¨….
Secasí, a palabra -tan teimuda ela!- ficou, sobreviviu…
Nin a palabra ¨carballo¨ nin a árbore que nomea deberían desaparecer endexamais da face da terra. Nin a palabra ¨roble¨, xaora, nin a palabra ¨oak¨…
E quen non comprenda iso, quen non defenda iso non é dign@ de xacer, de soñar su as pólas de árbore ningunha.

Carballo do Anxo, 1.500 anos de idade.

Post your comment