Un poema de Henri Michaux

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Henri Michaux, Poemas alleos | Posted on 30-11-2017

O mal é o ritmo dos demais.

 

Por que toco o tambor agora?
Para a miña barreira
Para romper as vosas barreiras
Para franquear a onda crecente de novos empecedores
Para auscultarme
Para tomarme o pulso
Para precipitarme
Para acougar
Para deixar de confundirme coa vila con ELES co país con onte
Para manterme a cabalo firme

 

Contra Versalles
Contra Chopin
Contra o alexandrino
Contra Roma
Contra Roma
Contra o xurídico
Contra o teolóxico
Contra Roma
Tambor á crítica
Tambor moenda
Tambor buxaina
de pé dándolle as costas á foxa
sen dinastía sen bispado
sen protectores sen paralizadores
sen aloumiños sen inclinarse
Tambor do peito da terra
Tambor dos homes co corazón semellante a puñazos
Contra Bossuet
Contra a análise
Contra a tribuna a cátedra o púlpito da Verdade
Para rachar
Para contraatacar
Para contrarrestar
Para machucar
Para acelerar
Para precipitar
Para botar abaixo
Para abandonar o posto de traballo
Para rir na fogueira
Para abalanzarme
Para abalanzarme
Contra a arpa
Contra as irmás da arpa
Contra os panos
Para abalanzarme
Para abalanzarme
Para abalanzarme

 

Contra o Número Áureo.

 

 

Post your comment