¨Labirinto¨, de Henri Michaux

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Henri Michaux, Poemas alleos, Traducións | Posted on 08-12-2017

LABIRINTO

Labirinto, a vida, labirinto, a morte
Labirinto sen fin, di o Mestre de Ho.

Todo afunde , nada libera.
O suicida renace a un novo sufrimento.

A prisión dá a unha prisión,
O corredor dá a outro corredor:

Quen cre desenrolar o rolo da súa vida
Non desenrola ren en absoluto.

Nada desemboca en ningures.
Tamén os séculos viven su a terra, di o Mestre de Ho.

Henri Michaux,
Probas, exorcismos.