Un poema de Gary Snider

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Traducións | Posted on 13-01-2018

FACEMOS OS NOSOS VOTOS
XUNTO CON TODOS OS SERES

Comendo un bocadillo
Choiando na fraga,
Namentres unha gama

Atanisca un lirio de California na neve ,
Ollándonos mutuamente,
Mascando asemade.

Un bombardeiro procedente de Beale
Sobrevoa as nubes
Enchendo o ceo de brúo.

Ela ergue a choliña, sente,
Agarda ata que o son se esvaece.
E eu coma ela.

 

Gary Snider

Tradución inédita de X.A.

Post your comment