Entrevista no “Diario Cultural” + audios de “As nosas sombras no Xardín de Serralves”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Poemas propios | Posted on 21-01-2011

Hoxe, ás 15.00 horas, entrevista no “Diario Cultural” da Radio Galega verbo d’As nosas sombras no Xardín de Serralves. Velaquí tedes os audios dos poemas que foron emitindo esta semana:

A LAXE

BLACKOUT

NABOS

O ICHO

O PRIMEIRO POEMA

Os aneis

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Audios radio, Poemas propios | Posted on 05-12-2010

O día do noso

Enlace metade animista metade druídico

Pagán de todo

 

Rexeitamos os aneis

E demais estereotipos

 

Non había nada no universo

Que puidese simbolizar a nosa unión

Bardante nós

 

Nin sequera aquil casamento…

 

Despois unha mañá en Monforte –

A capital que ti odiabas

Porque ela odiaba os lemavos

María Castaña coma ti –

Coma dous nenos xogando

Mercamos nunha tenda alternativa

Dous aros de coiro

Os máis pobres que atopamos

 

Dous aneis de Saturno

Dúas viortas de pel

Dous xuramentos de sangue…

 

Ti xamais quitabas o teu

Pra nada nin por nada

 

Amabas e escribías

Durmías e soñabas con il

 

Non coma min…

 

Eu extraviei

O meu de contado

Xa non recordo nin ónde

Se cadra dentro de ti…

 

Pra que foren idénticos

Compramos tamén alí

En Monforte na mesma tenda

Outros dous

Costráns

Pero agora de prata

 

Un paso cara adiante un chanzo máis cara ó Ceo

 

E tamén foi alí

No baño dun tren a Monforte

Ó me lavar as maos

Onde o deixei esquecido e

Ó volver desesperado rebuscar entolecido

Xa mo roubara un fulano

Que entrara logo de min…

 

Así

Un tras outro fun perdendo

Tódolos aneis

 

Igual que ó final nalgures

Tamén te perdín a ti…

 

Ti non ti

Aqueloutra mañá a derradeira

Instantánea en que te vin

Novamente en Monforte

Após seis anos de dó e de doenza

Mutua malia todo

O desamor aínda o levabas posto…

 

Eu cando liscaches

Merquei unha nova alianza

Adobiada con runas e

O satélite xiratorio do Eterno Retorno

 

Un anel que xa non quitei

Unha odia que alimentei

O ouroboros que foi devindo

Esta argola no pescozo

 

Os aneis de Xoán Abeleira mp3 

 

Poema inédito da serie As nosas sombras no Xardín de Serralves

No centenario de Miguel Hernández

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, In memoriam, Poemas alleos, Vídeos | Posted on 30-10-2010

José Antonio Martínez e máis eu falamos de Hughes

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 03-05-2010

http://www.rtrm.es/servlet/rtrm.servlets.ServletLink2?METHOD=DETALLEALACARTA&sit=c,5&idCarta=21&serv=BlogPortal2&idBlog=25&ofs=0&orden=2&orden2=1&mOd=6782&autostart=RADIO

Entrevista en Recendo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 01-05-2010

Os compañeiros da Asociación Cultural Alexandre Bóveda invitáronme a falar do meu traballo en Recendo, o seu programa cultural radiofónico, xunto con outr@s creadores igual ou máis interesantes ca min. Velaquí está o post.

http://recendo.podcast.es/episodio.php?usuario=recendo&id=16485

Entrevista con José Antonio Martínez sobre Plath

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 30-04-2010

Ise home xeneroso e culto, gran propalador da Beleza, a quen non coñezo aínda persoalmente… José Antonio Martínez, director e locutor do programa de ORM, “Las personas del verbo”, vén de entrevistarme sobre Hughes. A entrevista emítese iste domingo. Xa o ano pasado tivo a xentileza de entrevistarme verbo de Plath. Velaquí o link daquela entrevista, que xa esquecera e acabo de atopar:

http://www.rtrm.es/servlet/rtrm.servlets.ServletLink2?METHOD=DETALLEALACARTA&serv=BlogPortal2&idBlog=25&ofs=0&orden=2&orden2=33&idCarta=21&sit=c,5,ofs2,10&mOd=2870&autostart=RADIO

Catro ecos dun “Ouveo” (e II)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Traducións, Vídeos | Posted on 26-04-2010

Dous fragmentos de “Un supermercado en California”.

Catro ecos dun “Ouveo” (I)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, concertos, Traducións | Posted on 26-04-2010


Primeira versión do vídeo

Segunda versión do vídeo

Catro fragmentos, catro pequenas mostras dos ensaios previos á estrea da peza “Música para un Ouveo”/”Música para un Aullido”: dous de “Nota a pé de páxina de Ouveo” e dous de “Un supermercado en California”. Textos: Allen Ginsberg. Música e dirección: Borja Costa. Recitado, tradución e notas: Xoán Abeleira, cun quinteto formado por: José Ramón García Vázquez (piano), Andrés Cruz (primeiro violín), Elisa Raposo (segundo violín), Sara Gómez Yunta (viola) e Guillermo Martínez (violoncello), coa colaboración especial, coma mestres de cerimonia, de Manuel Rivas (A Cruña) e Fran Alonso (Vigo).

Reproducidob con permiso de Borja Costa.

Copyrights da música: Borja Costa.

Copyrights da tradución e das notas: Xoán Abeleira

 http://homenajeaallenginsberg.blogspot.com/

Entrevista do Programa La Libélula sobre Animais Animais

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio | Posted on 07-02-2010

http://www.rtve.es/mediateca/audios/20100129/lalibelula-animales-animales-xoan-abeleira-29-enero-2010/680150.shtml