Tramas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 20-01-2016

Totalmente de acordo co que afirma hoxe Joaquín Estefanía: nas tramas de corrupción hai moita máis xente implicada do que se adoita saber ou dicir. Porque para que esas tramas funcionen, fai falla, xaora, moita “man de obra”.
Por exemplo: a pequena escala (económica mais non moral, xa que o delito en si é o mesmo, e lembremos que hai premios de nós que ascenden ata 20.000 e mesmo ata 40.000 euros), os “premios literarios” públicos, amañados son un paradigma do que di Estef…anía: hai un corruptor (o Concello/ a Deputación ou a/as persoa/as designada/as pra amañar/ren o premio e posibilitar/ren o fraude/roubo, quer por amiguismo, quer por outros intereses espurios); hai unha persoa corrupta (o escritor ou a escritora que acepta o fraude/roubo a sabendas, ou, peor aínda, coidando que, a fin de contas, il ou ela ben o merece ou precisa)… Mais existen, tamén nises casos, ai, cada vez máis abundantes na Galiza e en España, os intermediarios (os membros do “xurado” que cobran por participar no fraude/roubo), existen os “branqueadores” (a crítica e maila editorial que, quer por amiguismo, quer por outros interes espurios, dan “curso legal” ó fraude/roubo, cando non se benefician dil), e existen, finalmente, os “silenciadores” (os que, sen participaren directamente do fraude/roubo, saben dil pero calan.)
E así en todo, señores. Así en todo.

Karma

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 04-12-2013

Unha sociedade machista só pode xerar machistas.
Unha sociedade ladroa só pode xerar ladróns.
Unha sociedade corrupta só pode xerar corruptos.
Unha sociedade hipócrita só pode xerar hipócritas.
Unha sociedade explotadora só pode xerar explotadores.
Unha sociedade violadora só pode xerar violadores.
Unha sociedade violenta só pode xerar violentos.
Unha sociedade enferma só pode xerar enfermos.
Unha sociedade ignorante só pode xerar ignorantes.
Etc.
E se a isto lle sumamos que os cárceres seguen a ser lugares de represión e non de reinserción, de que carallo nos queixamos?
Se non facemos ren por transformarnos a nós mesmos e, daquela, transformar a sociedade, que outra cousa cabe esperar senón máis machismo, latrocinio, corrupción, hipocrisía… pura e dura ignorancia?
Ren nin ninguén está libre da Lei da Causa e do Efecto.

Nous n’avons rien à voir avec ça

Posted by Xoán Abeleira | Posted in André Breton, Comentarios fóra de lugar, Superrealismo | Posted on 04-06-2013

Tagged Under :

Ahí atrás, al encender el televisor, nos topamos con la ceremonia de la entrega del Premio Cervantes. Entre los asistentes al acto, divisamos a varios artistas y varios editores rodeados de sus respectivas camarillas de poetas premiados y premiadores. <<De estar vivo>>, pensamos, <<imposible ver ahí a André Breton>> -pongamos. Ni a Benjamin Péret. Ni a René Char –que rechazó varias veces la propuesta de recibir el Premio Nóbel en fidelidad al joven poeta superrealista que había sido…

            Durante toda su vida <<Breton distinguió claramente la literatura de la poesía: “La primera, ya se vuelva hacia el mundo exterior o ya se prevalga de la introspección, a mi juicio tan sólo nos entretiene con chilindrinas; la segunda es una aventura del todo interior, la única que me interesa.” La poesía, para él, depende ante todo de la magia verbal y ofrece al ser humano la posibilidad de regresar a la esencia misma [de sí mismo y/o de la vida]>>.[1]

            La literatura es ficción –aunque trate de la vida. La poesía, en cambio, lejos de ser la treta de un fingidor (Pessoa) es sinónimo de verdad (Char), trata directamente con la vida: <<La poesía no tendría para mí el menor interés si no esperase de ella que nos aporte, tanto a mis amigos como a mí, una solución particular al problema de nuestra vida.>>

            <<No tenemos nada que ver con la literatura>>, reza el primer punto de la “Declaración del 27 de enero de 1925”, redactada básicamente por Antonin Artaud, al parecer, pero firmada por todos los miembros que el grupo tenía en ese momento. Y añade: <<Pero somos muy capaces de servirnos de ella, como todo el mundo, si es preciso.>>

Los críticos adversos a Breton recurren siempre a ésta y otras declaraciones similares del poeta para subrayar su “incoherencia”, y, acto seguido, con una sonrisa en los labios, citan la “Carta abierta a André Breton sobre las relaciones entre el Superrealismo y el Gran Juego” que le escribió René Daumal, con motivo de las diferencias entre los dos grupos, advirtiéndole: <<Cuídese, André Breton, de no figurar algún día en los manuales de historia de la literatura.>> ¿Qué le reprochan? ¿Que publicase libros en vida? ¿Que sus Oeuvres complètes formen parte de la Bibliothèque de la Pléiade? ¡También Daumal, el excelente autor de Poesía negra, poesía blanca y El Contra-Cielo publicó sus libros y ahora figura en el catálogo de Gallimard! Incluso contamos con una edición en castellano de su Obra poética completa,[2] cosa que todavía no podemos decir de Breton.

            El joven André se autoeditó casi todos sus primeros libros. Cuando escribió La Unión Libre (1931), sacó sólo cien ejemplares (de los cuales envío uno a un único crítico) y en la portada no figuraba el nombre del autor. Hasta que lo reeditó, en 1948, formando parte del volumen Poèmes (su primer poemario publicado en una editorial de prestigio) prácticamente sólo sus amigos y conocidos sabían que él era el creador de uno de los poemas de amor más bellos del siglo XX. ¿Qué poeta joven de hoy, loco por “triunfar”, se atrevería a hacer tal cosa y guardaría tal silencio?

            En los diccionarios del Superrealismo, la palabra “literatura” o no aparece o aparece referida a la revista que, a manera de desafío, crearon Breton, Soupault y Aragon en 1919. Sin embargo, tanto Breton como sus compañeros hablaron y escribieron mucho sobre literatura, y no siempre despectivamente. ¿A qué se referían entonces en la citada declaración de 1925? A lo que callan los críticos adversos: a que, a diferencia de éstos, los superrealistas no escribían, pintaban, esculpían… para trepar en el mundillo artístico o académico. No anhelaban, como los literatos, hacer carrera en la sociedad sino, por el contrario, situarse al margen de ésta. Y cuando alguno de ellos decidía empezar a hacerla, Breton y los demás lo expulsaban, con razón, del grupo (el caso de Eluard es el más claro). Lo más desesperante de esto (desesperante para los que envidiamos ser como ellos) es que gente como Breton o Péret mantuvieran esa integridad, esa coherencia hasta el final de sus días. Ellos y muchos de los jóvenes que se unieron a al grupo en los años cincuenta y sesenta, como Joyce Mansour, Gérard Legrand, Leonor Fini, Sarane Alexandrian o Annie Le Brun (que todavía vive, ¡y cómo!). Por no hablar de grupos actuales, como el Grupo Surrealista de Chicago o el Grupo Surrealista de Madrid, que siguen en sus trece.

<<Breton fue siempre un líder con una camarilla a su alrededor>>, es lo que están pensando ahora algunos. ¿Y qué? Breton, sí, fue una de las figuras más influyentes de su época, en muchos sentidos, no sólo el poético, y, naturalmente, los jóvenes como él acudían a él en busca de opinión, de consejo y hasta de ayuda para publicar o exponer. Pero Breton no fue un literato. No vivió de la literatura. Nadie lo vio nunca ir de presentación en presentación, de encuentro en encuentro, de congreso en congreso, de feria en feria, y cobrando. Nadie lo vio nunca presidiendo una asociación, una fundación, un instituto, un jurado, ni, por supuesto, dando o recibiendo un premio, y cobrando. Luego, no hay más que decir, salvo: Chapeau!

 


[1] Cf. Dictionnaire André Breton, p. 804.

[2] Obra poética completa. Trad., notas, biografía y estudio previo de J. Dardón y A. Bollini, Alción Editora ,Córdoba (Argentina), 2012.

Por un Cambio Verdadeiro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 31-01-2013

A qué espera a cidadanía en masa de España pra saír á rúa CANTOS DÍAS FAGAN FALLA esixindo a dimisión inmediata diste goberno de mafiosos hipócritas e corruptos, a disolución inmediata desta monarquía parlamentaria chea de mafiosos hipócritas e corruptos, e a organización inmediata dunha NOVA TRANSICIÓN limpa de po e de palla cara a outro sistema decidido por Ela e só por Ela, única soberana de si? Porque ISTE É O MOMENTO -denantes de que todo se esqueza novamente… E mentres ises cambios non se produzan o POBO ESTÁ LEXITIMADO MORALMENTE PRÁ MÁIS ABSOLUTA E PACÍFICA DESOBEDIENCIA CIVIL.

 

Limpeza

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 27-05-2011

Os gobernos centrais e autonómicos queren “limpar” as prazas de cidadáns cando non son quen de limpar o lixo agochado en todos os partidos políticos e nin sequera foron quen de facer unhas eleccións limpas de corruptos e senvengonzas. Absurdidades do absurdo, xa que é iso precisamente o que os cidadáns están a pedir: UNHA BOA LIMPEZA diste Sistema emporcado.

Resistencia (eléctrica)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 17-05-2011

Que eu saiba, ó longo da Historia ningún país tivo endexamais “un porvir plurilingüe” (Núñez Feixóo).  

E moito menos un país domado e castrado, coma iste.

Polo demais, eu son xusto o que o señor Feixóo non quere: “un galego da Resistencia”.

Pois “resistir éo todo” (Rainer María Rilke).

A Cociña Económica

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 14-05-2011

“A literatura galega [está] dominada por profesores [e catedráticos…] Cada un traballa no que pode, pero nótase que non hai ningún Joseph Conrad na literatura galega (…) Eu teño unha maneira de vivir allea a todo iso” (fragmento dunha entrevista con Lois Pereiro -ou dunha conversa entre Pereiro e Díaz Castro na Cociña Económica de Madrid, que eu tamén frecuentaba daquela, e onde se cadra os vin algunha vez, sen saber quen eran iles…)

Beatus ille…

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 01-05-2011

Cacho neghosio fixo hoxe o Vaticano… Cos príncipes, o goberno e a oposición de compaña e en campaña….

Ai, dende o momento en que os “novos sacerdotes” condenaron ós antigos xamáns e/ou ioguis ata a beatificación de Xoán Pablo II, o espírito da humanidade non fixo máis que caer en picado -e en pecado, si…

Se hai algo que sobra no mundo son beatos…
Se hai algo que falta no mundo son Ernestos Sábatos…


“Pero el viejo de las manos traslucidas
dirá: amor, amor, amor,
aclamado por millones de moribundos…”

O xogo da escaleira

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 09-04-2011

O problema da cultura galega non é “o xogo das cadeiras” senón “o xogo da escaleira” pola que os máis e as máis se dedican a aganchar.

O problema da cultura galega, xa que logo, non é tanto o machismo coma o sectarismo e/ou o arribismo.

Canseira

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas, Poemas propios | Posted on 03-04-2011

Estou canso, ben, ben canso, diste país sen coraxe, sen conciencia, sen orgullo, e de todos os seus falsos representantes… 

OS GALEGOS NON MERECEN

A GALIZA QUE NON TEÑEN