O xogo da escaleira

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 09-04-2011

O problema da cultura galega non é “o xogo das cadeiras” senón “o xogo da escaleira” pola que os máis e as máis se dedican a aganchar.

O problema da cultura galega, xa que logo, non é tanto o machismo coma o sectarismo e/ou o arribismo.

Canseira

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas, Poemas propios | Posted on 03-04-2011

Estou canso, ben, ben canso, diste país sen coraxe, sen conciencia, sen orgullo, e de todos os seus falsos representantes… 

OS GALEGOS NON MERECEN

A GALIZA QUE NON TEÑEN

As armas dos hipócritas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 20-03-2011

–         Unha bala é unha bala; un mísil, un mísil. E os dous causan o mesmo mal, sexa quen for quen os dispare.

–         En Libia están a guerrear armas saídas das mesmas fábricas.

–         Unha revolución que xera morte, é unha revolución morta dende o principio.

–         O sangue non cotiza en bolsa, coma o petróleo. Por iso tanto lles ten a cantidade que se derrame.

–         O mundo está en maos de tolos e de hipócritas. 

 

 

A conciencia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 12-03-2011

Poñéndome ironicamente materialista, ben podo comprender que algunhas estrelas do rock actúen diante dos ditadores e dos mafiosos do mundo por un millón ou dous de dólares. O que non me cabe na cabeza é que algúns creadores vendan a súa dignidade por “un acordo entre amigos” de infinita menor cuantía, un posto –coma todos– transitorio de poder ou mesmo por unha boa crítica.

 http://www.elpais.com/articulo/cultura/Cantando/jaima/tirano/elpepicul/20110312elpepicul_1/Tes

Un exemplo de algo que adoitamos esquecer

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 01-03-2011

Arthur Rimbaud tan só publicou un libro en vida, Une saison en enfer, e iste nin sequera chegou a distribuirse porque Rimbaud se puliu os cartos que lle deu a súa mai e non deu en pagar a autoedición. Apenas catro persoas, entre elas Verlaine, recibiron un exemplar…

Modas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 28-02-2011

Coa Poesía NON se xoga, porque:
a) Ela salvoulle a vida a moita xente en momentos terribles da súa existencia;
b) moita xente se xogou e segue a xogarse a vida por Ela, e
c) moita xente perdeu a vida por Ela.
Cando menos, tal e como a eu a entendo.

————————————————————————–

A Poesía vive un dos momentos máis penosos da súa historia, cando os e as poetas de moda saen nas revistas de moda. Unha época na que a maior arte que existe é, non xa simplemente a moda, senón a arte de estar de moda.

Capeliñas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 28-02-2011

Capeliñas, capeliñas, capeliñas… Olle onde olle, cheo de mágoa, de vergonza allea, non vexo máis que capeliñas. Capeliñas políticas. Capeliñas sindicais. Capeliñas artísticas. Capeliñas xornalísticas. Capeliñas académicas… Capeliñas por acó e por aló nas que iles/elas fornean o pastel que logo só iles/elas papan. Mamoneo, moito mamoneo. Caciquismo. Amiguismo. Sectarismo. Unha interminable rede social de redes… de corrupción.

Tolos

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 25-02-2011

Os pobos, aloulados, aúpan un aloulado que, por mor do seu poder, acaba toleando. Os líderes tolos do mundo apóianse, ármanse e enriquécense a costa dos seus pobos. Ata que istes se fartan de tanta miseria, “rebélanse” e elixen outro aloulado que, por mor do seu poder, devén un outro tolo…

http://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/la-coalicion-armas-bajo-control-denuncia-que-espana-ha-vendido-armamento-a-paises-donde-se-estan-p/

Madrid-Barça

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 13-02-2011

Espero non morrer sen ver cómo un partido -de fútbol ou baloncesto- Madrid-Barça devén nun España-Catalunya. E cómo despois, gañe quen gañe, os xogadores se dan a mao tan amistosamente…

δημοκρατια

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar | Posted on 04-02-2011

Cada vez que sinto dicir que “en Exipto hai unha falsa democracia” pregúntome ónde non a hai.