Concerto/ Estrea de Fuso Negro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in concertos, Recitais | Posted on 24-01-2011

O vindeiro venres 28, estreo, estreamos NOVO PROXECTO. Estades tod@s convidad@s:

http://fusonegro.blogaliza.org/

 

Catro ecos dun “Ouveo” (I)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, concertos, Traducións | Posted on 26-04-2010


Primeira versión do vídeo

Segunda versión do vídeo

Catro fragmentos, catro pequenas mostras dos ensaios previos á estrea da peza “Música para un Ouveo”/”Música para un Aullido”: dous de “Nota a pé de páxina de Ouveo” e dous de “Un supermercado en California”. Textos: Allen Ginsberg. Música e dirección: Borja Costa. Recitado, tradución e notas: Xoán Abeleira, cun quinteto formado por: José Ramón García Vázquez (piano), Andrés Cruz (primeiro violín), Elisa Raposo (segundo violín), Sara Gómez Yunta (viola) e Guillermo Martínez (violoncello), coa colaboración especial, coma mestres de cerimonia, de Manuel Rivas (A Cruña) e Fran Alonso (Vigo).

Reproducidob con permiso de Borja Costa.

Copyrights da música: Borja Costa.

Copyrights da tradución e das notas: Xoán Abeleira

 http://homenajeaallenginsberg.blogspot.com/

Concerto “A túa voz”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in concertos, Propostas culturais, Vídeos | Posted on 07-03-2010

Onte, invitado polo Colexio de Logopedas de Galicia e o músico Álvaro Muras, coordinador do concerto, tiven a honra de participar, canda outr@s compañeir@s, no Día Europeo da Logopedia: “A túa voz”. O grupo de Muras improvisou un par de temas namentres eu interpretaba dous poemas: a “Nota a pé de páxina a Ouveo”, de Allen Ginsberg, e un meu, “Iguana Iguana”. Velaquí vos deixo o vídeo con fotos que tan amablemente nos enviou Ana Vázquez en nome d@s colexiad@s:

dia logopedia

A dama das neves fala dun certo Ouveo…

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos, concertos, Críticas | Posted on 01-12-2009

http://ladamadelasnieves.blogspot.com/2009_09_01_archive.html