Entrevista de Armando Requeixo en Criticalia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas, Fotos alleas | Posted on 27-01-2013

Parlamento das Letras: Xoán Abeleira

Foto: Pedro Pastor

Pan de ánimas en Zigzag Diario

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas | Posted on 30-03-2012

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/falamos-con-xoan-abeleira-nun-entorno-maxico-sobre-o-seu-ultimo-poemario-pan-de-animas#.T3X_zBK_qVp

http://xoanabeleira.blogaliza.org/2011/05/30/a-chaira-en-primavera/

Conversa con Antonio García Trevijano verbo d’Arte

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas, Vídeos | Posted on 15-06-2011

http://vimeo.com/25044896

Cuestionario de Manuel Vidal Villaverde: Diario Atlántico de Vigo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas, Fotos alleas | Posted on 14-03-2011

 1.-A poesía, en calquera das dimensións coñecidas, é conditio sine qua non e sine die do teu tránsito vital?

Xaora. Non entendo esta vida miña, en particular, nin a Vida, en xeral, sen a Poesía. De feito, para min a Poesía (no só a escrita) é unha vía de coñecemento da Vida, dos distintos estadios do Real. E, no meu caso, a vía complementaria da “vía espiritual”: a meditación.

2.- Hai palabras deshabitadas?

Si, e abandonadas, coma as aldeas. Ende ben, o galego, malia todo, segue a ser unha lingua na que as palabras aínda están conectadas co seu birillo primordial, a súa Raíz Nai. Algo que a min me fascina.

3.- O señor Swan (de Proust) era realmente un snob?

Proust, ai, segue a ser unha desas miles de lecturas que teño pendentes! De tódolos xeitos, prefiro os snobs ós lambecús.

4.- Agora mesmo, Xoán, brevemente, que che suxire o devalo do mar na atardecida?

Que para ter unha boa morte hei levar unha boa vida: devir unha persoa sabia e compasiva.

5.- Despois do libro que recentes publicaches, qué outro fará caltrir as vellas feridas do vivir?

Tardei moitos anos en ser quen de escribir As nosas sombras no Xardín de Serralves. E se finalmente decidín publicalo foi xusto para iso: para sandarme. Como dixo un xamán siberiano: “Cando canto, a miña doenza esvaece.”

Entrevista publicada n’A Revista do Diario Atlántico de Vigo

Fotos da Pequena Suricata, quitadas durante a estrea de Fuso Negro:

 http://www.facebook.com/pequenasuricata

Versión PDF: Entrevista Atlántico

Entrevista no Diario Cultural verbo d’As nosas sombras no Xardín de Serralves

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas | Posted on 03-02-2011

As nosas sombras_RG

Unha vez máis, permítome lembrarvos que podedes adquirir por 12 euros o libro pedíndoo directamente á editorial Franouren:
http://www.franouren.com/

Grazas!

Hughes e Plath en Zigzag Diario.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas, Traducións | Posted on 11-05-2010

Velaquí vos deixo o link do programa cultural Zigzag Diario.A emisión é a do día 10 de maio, e a miña intervención aparece no minuto 10.15, aínda que todo o programa é ben interesante, xaora.

http://www.crtvg.es/TVGacarta/index.asp

Ted Hughes en Miradas 2

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Entrevistas, Traducións, Vídeos | Posted on 06-05-2010

 

Paga a pena, coma sempre, ver todo o programa, mais se só podedes ver a entrevista está pouco despois do principio. Magnífico traballo de Antonio Gárate e Cia. Coma sempre.

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100505/miradas-habitacion-roma-muau-ted-huges-tomatito-05-05-10/763465.shtml

José Antonio Martínez e máis eu falamos de Hughes

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 03-05-2010

http://www.rtrm.es/servlet/rtrm.servlets.ServletLink2?METHOD=DETALLEALACARTA&sit=c,5&idCarta=21&serv=BlogPortal2&idBlog=25&ofs=0&orden=2&orden2=1&mOd=6782&autostart=RADIO

Entrevista en Recendo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 01-05-2010

Os compañeiros da Asociación Cultural Alexandre Bóveda invitáronme a falar do meu traballo en Recendo, o seu programa cultural radiofónico, xunto con outr@s creadores igual ou máis interesantes ca min. Velaquí está o post.

http://recendo.podcast.es/episodio.php?usuario=recendo&id=16485

Entrevista con José Antonio Martínez sobre Plath

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, Entrevistas | Posted on 30-04-2010

Ise home xeneroso e culto, gran propalador da Beleza, a quen non coñezo aínda persoalmente… José Antonio Martínez, director e locutor do programa de ORM, “Las personas del verbo”, vén de entrevistarme sobre Hughes. A entrevista emítese iste domingo. Xa o ano pasado tivo a xentileza de entrevistarme verbo de Plath. Velaquí o link daquela entrevista, que xa esquecera e acabo de atopar:

http://www.rtrm.es/servlet/rtrm.servlets.ServletLink2?METHOD=DETALLEALACARTA&serv=BlogPortal2&idBlog=25&ofs=0&orden=2&orden2=33&idCarta=21&sit=c,5,ofs2,10&mOd=2870&autostart=RADIO