Dúas libélulas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Érotique Féerique, Poemas propios | Posted on 28-01-2010

(Ilustración “Pinando” de X.A.)

Dúas libélulas copulando
A ras do universo do río
Esvoazan as ás asemade
Tecendo un único son

O cabaliño do demo
Cando a cobre unha volta
E outra volta no ar
Leva o seu talo adherido
Á cacholiña da poldra

Logo póusanse
Á par
Riba do envés dunha folla
Algunha póla
Ó garete
Ou un xunquiño anicado

E mentres ela se curva
O seu corpiño se prende
Ó devecer da corrente

Il ergue as ás fronte o ceo
Que os absoura arreitado

(De Animais Animais)

XACENDO NA LOBA

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Érotique Féerique, Poemas propios | Posted on 16-12-2009

Carapuchiña

A noite de mera

Na que che lin

O teu conto

Aquela lúa que fomos

Pasando unha a unha

As sabas sobre

O teu peito

Botácheste

Ás miñas fauces

Como se ti e non eu

Fores a Besta

Trabáchesme

Rabuñáchesme

Azoutáchesme

Ó doután

Fodíchesme como

Só sabe foder

Unha animal

Tola

Agora dende ise día

Son eu fame a feito

Descosido quen ouvea

Por ti dentro de ti

Presto a devorar

Tódolos meus rivais

No limiar vermello

E negro da

Túa grila

YACIENDO EN LA LOBA. Caperucita / La noche de niebla / En que te leí / Tu cuento // Aquella luna que fuimos / Pasando una a una / Las sábanas sobre / Tu pecho // Te arrojaste / A mis fauces/ Como si tú y no yo / Fueses la Bestia // Me mordiste / Me arañaste / Me azotaste / A tu antojo // Me jodiste como / Sólo sabe joder / Una animal / Loca // Ahora desde ese día / Soy yo todo hambre / Descosido quien aúlla / Por ti dentro de ti // Dispuesto a devorar / A todos mis adversarios / En el umbral rojo / Y negro de// Tu coño
( Poema incluído en Animais Animais/ Animales Animales e nunha escolma de poesía erótica peninsular que pronto sairá do prelo… Ilustracións: X.A.)