As armas dos hipócritas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 20-03-2011

–         Unha bala é unha bala; un mísil, un mísil. E os dous causan o mesmo mal, sexa quen for quen os dispare.

–         En Libia están a guerrear armas saídas das mesmas fábricas.

–         Unha revolución que xera morte, é unha revolución morta dende o principio.

–         O sangue non cotiza en bolsa, coma o petróleo. Por iso tanto lles ten a cantidade que se derrame.

–         O mundo está en maos de tolos e de hipócritas. 

 

 

A conciencia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 12-03-2011

Poñéndome ironicamente materialista, ben podo comprender que algunhas estrelas do rock actúen diante dos ditadores e dos mafiosos do mundo por un millón ou dous de dólares. O que non me cabe na cabeza é que algúns creadores vendan a súa dignidade por “un acordo entre amigos” de infinita menor cuantía, un posto –coma todos– transitorio de poder ou mesmo por unha boa crítica.

 http://www.elpais.com/articulo/cultura/Cantando/jaima/tirano/elpepicul/20110312elpepicul_1/Tes

Tirano(s)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 05-03-2011

O mor tirano ó que podemos enfrontarnos é a nosa mente. Daquela, non hai mellor revolta cá de vencerse a un mesmo. Só así poderemos (con)vencer ó resto dos tiranos. Só así poderemos acadar a plena Liberdade e, asemade, axudar a crear unha sociedade plena/mente libre. 

Mentres os rebeldes sigan a ser, tamén iles, seres ofuscados, ningunha revolución será A Revolución.

Modas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Estelas | Posted on 28-02-2011

Coa Poesía NON se xoga, porque:
a) Ela salvoulle a vida a moita xente en momentos terribles da súa existencia;
b) moita xente se xogou e segue a xogarse a vida por Ela, e
c) moita xente perdeu a vida por Ela.
Cando menos, tal e como a eu a entendo.

————————————————————————–

A Poesía vive un dos momentos máis penosos da súa historia, cando os e as poetas de moda saen nas revistas de moda. Unha época na que a maior arte que existe é, non xa simplemente a moda, senón a arte de estar de moda.

Poesía meu amor

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas, Fotografías de meu | Posted on 26-02-2011

 

Canto máis nos negan máis nos afirmamos

Poesía meu amor o mistoiro do Misterio…..

Han Shan

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas, Propostas culturais | Posted on 14-02-2011

Disque Han Shan (618-907), poeta chinés, entre taoísta e budista, abandonou a sociedade e retirouse ós Montes Fríos (de aí o seu alcume) pra “cantar divina, tolamente” niles. Cata! Se eu tiver tal afouteza… 

http://es.wikipedia.org/wiki/Hanshan

http://en.wikipedia.org/wiki/Hanshan_(poet)

http://www.frasesypensamientos.com.ar/autor/han-shan.html

http://www.gardendigest.com/zen/hsind.htm

 

Podermos

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 24-01-2011

Poder crearmos obras capaces de impulsar á xente a sublevarse e, asemade, capaces de conmovela ata impedirlle que mate…

Pandit

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 16-01-2011

Mañá de domingo meditando con algúns/algunhas outr@s buscadores e buscadoras d’A Cruña: duriño pero… que BO! “Cada un en cadansúa clave de dó”. Cada un nun punto do Dao, do Dhamma, do Camiño. Sabendo que só ti podes percorrelo por ti. Sen deus algún que te axude nin ó que pregarlle axuda…  

Uns, os que veñen de empezar, remexéndose arreo, alasando cada minuto, maldicíndose dentro, “Foder, que isto acabe XA!” Outros, os “antigos alumnos”, inmóbiles coma rochas. Pero todos, CADORA EN MENOR GRAO, aturando a súa ignorancia: as súas dores, as súas carencias, os seus medos, as súas soidades, os seus desamores, as súas frustracións, os seus traumas, os seus apegos, as súas aversións… Gozando de cada avance e perdoándose cada (re)caída. Certos, certísimos de que algún día, se cadra nesta vida, serán iles os donos das súas mentes. E xa nada nin ninguén poderá escravizalos.

NOTA: Pandit significa “sabio” en pali.

The shadow of my smile

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 24-12-2010

Canto máis me achego á luz, enfrontando a escuridade, menos sombra teño!

Listas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas | Posted on 23-12-2010

Se hai algo polo que, coma persoa e coma poeta, loitei durante toda a miña vida é por non acharme entre “os máis vendidos”…