Homenaxe a Lois Pereiro nun monte sagrado

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu, In memoriam | Posted on 01-02-2011

Foto:  Xoán Abeleira 

A Marcos, no seu pasamento -que non na súa morte

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam | Posted on 06-12-2010

Coñecín a Marcos Valcárcel apenas uns días antes de que abrollase a súa doenza, e pareceume, tamén a min, un home bo, lúcido e sensible. Hoxe penso nil con admiración e quero unirme ó sentimento de dó xeneralizado que pesa sobor daquiles que o frecuentaron e amaron.

Marcos: GRAZAS POR TODO: a túa vida, a túa escrita e a túa loita. Que o devir che sexa leve, que teñas un bo renacemento: “Agora estás a experimentar a Escintilante Clara Luz da Pura Realidade…”

FUNDE CON ELA, compañeiro…

 

Antonio de Chiqué

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam, Poemas propios | Posted on 03-12-2010

Hoxe estiven no enterro de Antonio de Chiqué: un home labrego, bo e, daquela, moi querido. Iste treno é por il e pra todos os seus.

 

TÉRREOS[1]

(Enterros)

   

                                                                              A Antonio de Chiqué.

 

I

 

Como finan os labregos

 

Estampados por un raio

Tras aturalo todo

 

Deixando a súa pegada

Na madre que os pariu

 

Asieu

Levei sobre os meus ombros

 

Tódolos teus defuntos

Negrillo tras negrillo

 

Con amor e por amor

 

 

II

 

Comei mortos dela

Mortos da fame

 

De sempre –

 

Mortos da miña vida

Comei o bo so o terrón[2]

 

Poema inédito pertencente á serie d’As nosas sombras no Xardín de Serralves.

 


[1] Térreo: pertencente á terra ou semellente a ela.

[2] Xogo de palabras: “Comei o voso terrón”. Come bo terrón: dise dunha semente plantada en terra fértil e que medra ben.

Na Unión Libertaria

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Fotos alleas, In memoriam | Posted on 22-11-2010

O historiador libertario, Eliseo Fernández, falando perante a antiga muralla de Canido, na homenaxe ás vítimas do franquismo.

Poucos pero ben bos (quitándome a min!) 

No fermoso local da Unión LIbertaria de Ferrol, onde, ó chegar, lembrei esta anécdota que me contou Eliseo:

Un anarquista -coido que catalán, fuxido de Barcelona- foi coñecer o célebre ateneo cruñés “El resplandor en el Abismo”, e, ó non achar alí máis ca libros e xornais por todas partes, quedou pampo e dixo: “Vaites! Pero se eu coidaba que isto era un arsenal, ateigado de pistolas!” E outro retrucoulle: “Non, compañeiro. As pistolas usámolas pra defendernos. Os libros, pra atacar.”

Y’en a pas un sur cent et pourtant ils existent
La plupart espagnols allez savoir pourquoi
Faut croire qu’en Espagne on ne les comprend pas
Les anarchistes

 
 

 

Fotos de Marcos Casanegra.

Nin dieu nin maître

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, In memoriam | Posted on 20-11-2010

“Endexamais esquecerei o alivio, a exaltación e o orgullo que me causou -unha das primeiras veces que me levaron, de neno, a un cemiterio- descubrir, entre tantos monumentos funerarios deprimentes e ridículos, unha sinxela táboa de granito na que, gravada en letras maiúsculas vermellas, podía lerse a soberbia divisa NIN DEUS, NIN AMO.” (André Breton)

Foto: Louis Auguste Blanqui (1805-1881), autor da frase “NIN DIEU, NIN MAÎTRE”, director dun xornal chamado así, e un dos guieiros, teórico e práctico, da Comuna de París.

20N: Buenaventura Durruti

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam | Posted on 20-11-2010

As compañeiras e os compañeiros da Unión Libertaria e da CNT de Ferrol convidáronme hoxe a participar no acto co que, ano tras ano, homenaxean ás vítimas da ditadura. O vento, ise rebelde, canda unha choiva metálica, zoaba con furia, mentres nós, enchoupados e conxelados, metiamos camelias brancas e roxas, prantadas e regadas pola mai do historiador Eliseo Fernández, nos buratos da antiga muralla de Canido que serviu de paredón… E se elixiron iste día non foi só pra “desactivalo” senón porque o 20 de novembro de 1936 morreu (ou foi asasinado) Buenaventura Durruti.  

Obrigado compañeir@s por esta INMENSA honra.

ADDENDUM á frase de Durruti: “Hai que acabar co capitalismo e coa mentalidade capitalista; non cos capitalistas.” (Gandhi)

 http://unionlibertaria.org/ul/

No centenario de Miguel Hernández

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, In memoriam, Poemas alleos, Vídeos | Posted on 30-10-2010

“Decálogo do obreiro”: Juan José Morato

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam | Posted on 29-10-2010

 

A Marcelino Camacho, in memoriam.

  1. Instruírse e combater a ignorancia.
  2. Acurtar as horas de traballo.
  3. Elevar os salarios.
  4. Ser independente e loitar contra a vileza.
  5. Ser afoutado e eliminar a tiranía.
  6. Establecer a fraternidade e rexeitar o egoísmo.
  7. Conquistar dereitos e abolir inxustizas.
  8. Humanizar o traballo.
  9. Levar agarimo e ledicia ó fogar.
  10. Fundar un mundo mellor.

 

Publicado no Calendario do Obreiro por Juan José Morato no 1909…

 

José Antonio Labordeta

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Artigos alleos, In memoriam, Vídeos | Posted on 20-09-2010

Tiven a honra de coñecer a e de falar con José Antonio Labordeta en varias ocasións. Lembro especialmente unha noite en Teruel, após unha homenaxe ó seu irmao Miguel, un poeta extraordinario ó que cómpre ler e reler, coma ó propio José Antonio.

Coñecín a toda a súa familia. Mormente a Ana Labordeta -unha das mellores actrices da súa xeración-, que foi compañeira e amiga miña no Laboratorio William Layton, coa que fundei unha ompañía teatral (efémera) e a quen mesmo dirixín na que foi a súa primeira aparición pública nun teatro (o Teatro do Mercado, en Zaragoza), interpretando á protagonista dunha peza curta de Tennesee Williams: Fálame coma a chivia e déixame sentir… De feito vina hai pouco, cando pasou por eiquí cunha obra na que actuaba con Federico Lupi. Lembramos vellos tempos, pregunteille polo seu pai, e pedinlle que lle dese a Lupi da miña parte un libro sobre a historia do anarquismo galego…

A morte de Labordeta aféctame sincera e profundamente. Todo o que se poda dicir de bo dil seméllame pouco. Mais a súa existencia foi realmente útil. Cumpríu a súa misión nesta existencia súa dun xeito nobre, xusto e cabal. Así que é imposible que non tivese unha boa morte.

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2010/09/20/opinion-amado-labordeta/421400.html

http://www.publico.es/espana/337487/reflexiones/labordeta/publico

http://www.publico.es/culturas/337527/adios/voz/coherencia

P.S. Amais distes e doutros artigos publicados hoxe, podedes achar unha chea de entrevistas e artigos verbo de Labordeta no espléndido blog de Antón Castro. O segundo link remite ós artigos que J.A.L. escribíu no xornal El Público.

Louise Bourgeois, in memoriam

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam | Posted on 01-06-2010

Foto: Robert Mapplerthorpe