Na morte de Manuel Falces

Posted by Xoán Abeleira | Posted in In memoriam | Posted on 10-01-2010

Morreu o fotógrafo Manuel Falces, quen, xunto co poeta José Ángel Valente, creou Para sempre: A Sombra…
Que a morte lle sexa leve e lene.
Que teña un Bo Renacemento.
A súa conciencia paira xa sobre As Catedrais da Auga…

50 ANOS DO PASAMENTO DE CAMUS

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, In memoriam | Posted on 05-01-2010

albert camus
 
 
“Unha obra non é senón unha longa andaina, polos meandros da arte, de volta ás dúas ou tres imaxes ás que o corazón se abriu por primeira vez”.

http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/01/05/cultura-digno-libre-rebelde/347927.html

http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2010/01/05/cultura-actriz-maria-casares-amor-gallego-autor-absurdo/347929.html

http://www.elpais.com/articulo/cultura/siglos/Camus/elpepucul/20100108elpepucul_1/Tes

NOTA: De mozo, cando deixei de peitearme con raia e botar o pelo pra atrás, dicíanme moitas veces que me parecía a Lorca -cousa que me encantaba e me amolaba asemade, pois era certo no físico (se cadra polos ollos, “ollos de Picasso”, gaboume unha amiga algunha outra vez) mais non no intelectual. E iso, o meu suposto parecido con Lorca, chegou mesmo a proporcionarme algunhas experiencias divertidas. O caso é que falando o outro día con Fran, un dos poucos auténticos libreiros que fican na Península, ise xenio da Libraría Xiada, díxome que me parecía a Albert Camus, “con ise abrigo teu”, nunha foto que saíu publicada no ABC a semana pasada. Mais eu retruqueille, con toda a sinceridade e a tristura diste mundo: “Qué máis quixer eu, ter a cuarta parte do talento e da integridade de Camus!”.