Unha manch(e)a de sangue

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Obras de outros artistas, Poemas propios | Posted on 15-11-2010

 

Hoxe dous meses

Antes do divorcio

Volvina ver

                           Eiquí

 

Ó levantar o colchón

2 x 2 do noso leito

Pra limpar o po

 

O microaverno de insectos de pesadelo

Que medrou alimentándose

Dende e coa túa ausencia

 

Esa mancha carmesí

Renegrida polo dó

 

A túa pegada

Fluvial

A túa xilografía…

 

O sangue foi a nosa sinatura 

Astral dende o principio dos tempos

Da nosa orixe

 

O primeiro día

Da nosa Creación

Cando eu desaferrollei

A túa boeta

 

A primeira noite

Que nos fixemos e reinventamos

O Amor ti rebordabas

Sangue

 

Pero non nos importou

 

O desexo era mor ca todo

 

Quixémonos enlevados

En tódalas camas de tódolos cuartos

Voando dunha curuxeira a outra

 

Unha parella de Chagall

Propalando esa eau-de-vie

Exquisita pola casa…

 

Logo

A primeira semana

Que convivimos

Amecidos

Amencendo

 

Onda a mar onda a illa

Tamén esbombaba

Tamén esbonchaba L’Eau Rouge

No teu val mercurial

Ferruxinoso

 

Eu

Humedecín varias veces o mostreiro

Nil

 

Furei varias veces o teu bolo do lar e

 

Certísimo de que nunca endexamais

Sentira algo tan real tan tan

Verdadeiro escribín sobre os teus peitos

Moi de vagariño

 

                                    ÁMOTE

 

(Versión castelá)

UNA MA(R)CA DE SANGRE 

 

Hoy dos meses

Antes del divorcio

La volví a ver

                             Aquí

 

Al levantar el colchón

2 x 2 de nuestro lecho

Para limpiar el polvo

 

El microaverno de insectos de pesadilla

Que creció alimentándose

Desde y con tu ausencia

 

Esa mancha carmesí

Ennegrecida por el duelo

 

Tu huella

Fluvial

Tu xilografía…

 

La sangre fue nuestra signatura

Astral desde el principio de los tiempos

De nuestro origen

 

El primer día

De nuestra Creación

Cuando yo descerrajé

Tu cepo

 

La primera noche

Que nos hicimos y reinventamos

El Amor tú rebosabas

Sangre

 

Pero no nos importó

 

El deseo era mayor que todo

 

Nos quisimos arrobados

En todas las camas de todos los cuartos

Volando de una muda a otra

 

Una pareja de Chagall

Propagando esa eau-de-vie

Exquisita por la casa…

 

Luego

La primera semana

Que convivimos

Anudados

Adunados

 

Clareando ante la isla

También borbollaba

También borboritaba L’Eau Rouge

En tu valle mercurial

Ferruginoso

 

Yo

Humedecí varias veces el índice

En él

 

Perforé varias veces ese pan regañado y

 

Seguro de que nunca había sentido

Algo tan real tan tan

Verdadero escribí sobre tus pechos

Muy lentamente

                                   TE ADAMO

Notas: poema inédito pertencente a As nosas sombras no Xardín de Serralves (Franouren, 2010), escrito despois de publicar o libro.  O poema orixinal entraña varios xogos de palabras, dobres e triples sensos de versos, que só reproducín en parte na versión castelá. “Boeta” significa “cepillo o cepo de iglesia“. A “muda“, en español, é tamén “el nido de un ave rapaz“. L’Eau Rouge (A Auga Vermella) é un río belga que flúe por unha zona chea de fontes medicinais. L’eau-de-vie (lit. “auga de vida”) é o augardente, en francés. Consonte Juan de Yepes Álvarez (San Juan de la Cruz) “adamar” es “amar doblemente“; consonte o DRAE, “amar con vehemencia“.  A obra reproducida é de Henri Michaux.

Tres debuxos de Fernando Paz

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Obras de outros artistas | Posted on 14-11-2010

Istes debuxos fíxoos o pintor Fernando Paz,

 tío da novelista Begoña Paz,

pouco antes de morrer,

nas paredes da casa onde viviu,

 e a min encántanme.

Espero que a vós tamén.

 

Copyrights dos debuxos:

Herdeiros de Fernando Paz.

“O espírito de Xoán Abeleira”, obra de Tono Galán.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Obras de outros artistas | Posted on 28-09-2010

Copyrights: Tono Galán