Trampuzas (sobre “Lincoln”, de Steven Spielberg)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Estelas, Películas | Posted on 02-02-2013

A película de Spielberg sobre Lincoln, lonxe de avivar o meu fervor, reforza as miñas dúbidas con respecto á validez actual da idea de democracia, alimentando, asemade, a miña crenza na urxente necesidade dun sistema más asisado, menos absurdo prá Humanidade.

            Horroriza pensar, niste caso concreto, que o futuro non xa dos catro millóns de escravos que seica había daquela nos Estados Unidos senón o de todas as persoas potencialmente escravas que ían nacer ó longo do século XX en todo o mundo dependeu, basicamente, da trama de corrupción artellada polo gabinete de Lincoln e executada polos tres trampuzas que mercaron os votos precisos pra aprobaren a Décimo Terceira Emenda da Constitución estadounidense (apaño, que, por certo, non rematou de ser ratificado ata o ano 1995 en Misisipi, e onde aínda non é de todo oficial!); e, logo, dunha presada de representantes estatais que, en xeral, deixaban todo que desexar…

            Case que cento cincuenta anos despois, non só segue a haber escravitude no mundo ‒camuflada ou non baixo distintos nomes‒ senón que a democracia capitalista xerou outras clases de escravitudes, físicas e psicolóxicas, cuxo número aumenta co tempo, e o funcionamento intestinal do “goberno do pobo, polo pobo e pró pobo”, no canto de mellorar, é cada vez máis nauseabundo.    

Unha película antiacadémica na Academia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Películas | Posted on 13-12-2011

A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España tivo a xentileza de incluír na súa revista mensual unha reseña verbo de Xalundes, a obra anarcosuperrealista que Tono Galán e máis eu rodamos no antigo cárcere d’A Cruña. Velaquí o número en formato pdf:

 Revista academia de cine artigo xalundes

Tráiler da película: