Hototogisu

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías recreadas, Fotos alleas, Haikus, Poemas propios | Posted on 26-03-2011

Bardo Thödol

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Obras de outros artistas, Poemas propios | Posted on 10-03-2011

Na hora ínfima

E inmensa da Verdade

O ser tan só

Zabutsu shi sabutsu su

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu, Haikus, Poemas propios | Posted on 03-03-2011

 Onda unha vela

Acubillado nun

Aprofondar

 

Do libro inédito Uguisu.

Comentario: 

Ó tratarse dun poema verbo da meditación, iste haiku podería incluírse dentro da clase “haikus relixiosos”, de non ser porque: a) o budismo non é unha relixión senón unha “ciencia da mente, do espírito”; e b) a meditación é unha vía de coñecemento que calquera persoa, relixiosa ou non, pode percorrer.

            O título do haiku –un lema clásico do budismo zen– adoita traducirse así: “Sentar coma un buda pra devir un buda” –e, xa que logo, acadar a iluminación.

            O primeiro verso entraña un xogo de palabras: “A carón dunha vela”, mais tamén “onda (d)unha vela”, aludindo ás “ondas luminosas”, ás partículas de luz que irradia a vela, sempre “ondulante”, sempre cambiante.

            A vela aquí simboliza varias cousas. Por unha banda, a iluminación. Por outra, os dous tipos de conciencia que posuímos: a base da “conciencia luminosa” (rigpa, bodhi), nubrada polo noso ofuscamento, e a “conciencia corrente” (manas), a que nos domina cadora, e da que somos escravos. Igual cá vela, tanto a unha coma a outra son “fonte” constante de pensamentos, imaxes, sensacións… E, igual cá vela, están conformadas por unha serie continua de “lapas” que, ó sucederse tan rapidamente, semellan ser unha única chama. Así nós: simple conxunto de “agregados” psicofísicos, en perpetuo cambio, que coida ser un eu inmutable.

            O verbo “acubillar”, do segundo verso, alude tanto á recomendación de Sidhharta Gautama “se o teu propio acubillo” coma ó feito de “tomar refuxio” na Tripla Xema: o Buda, o Dhamma e o Sangha.  De aí que iste segundo verso entrañe outro xogo semántico e sintáctico: “Acubillado nun” (ou sexa, “en si mesmo) mais tamén “acubillado nun aprofondar” (ou sexa no feito de “afondar nun mesmo”, na propia meditación).  

Lúa de inverno

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 17-02-2011

Ollo do Cíclope

Neste ceo de xeo

Só sen estrelas

 

Meoto Iwa

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas, Haikus, Poemas propios | Posted on 15-02-2011

 A palla a soga

As penas desposadas

Outrora fomos

Albor en Moloch

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 10-02-2011

Albor de borra

Roxe-roxe dos coches

Chía un pardal

 

borras.f. 1. Depósito de materiais sólidos que se forma no fondo dos recipientes que conteñen certos líquidos. OBS. Tamén se usa en plural. O viño do bocoi cando se está acabando sae con borra. SIN. feces, madre, pouso. 2. Substancia negra que desprende o fume e que se adhire ós obxectos e ás paredes. As tixolas de seguida se enchen de borra. SIN. feluxe, sarrio. 3. Substancia de cor escura que producen e segregan certos cefalópodos para turba–la auga cando se atopan ante algún perigo. Cociñámo-los chocos coa borra. SIN. sepia. u SIN. borro.

borra s.f. 2: ostentación, fachenda, presunción.  

Ren

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 03-02-2011

 

Aberto a todo

Sen devecer por nada

O río un haiku

 

Rigpa

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotografías de meu, Haikus | Posted on 01-02-2011

 

Roibén de súpeto

O Sol acrisolado

Neste espertar

 

Albor de súbito

El Sol acrisolado en

Un despertar

Acougo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 03-10-2010

A avelaíña

Termando de si mesma

Atura con acougo

O temporal

O bidueiro

Termando do birillo

Atura mansa mente

O temporal


NOTA- Birillo, raíz mai dunha árbore. Temporal entendido coma substantivo e coma adxectivo [o pasaxeiro]…

Nuboeiros

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 03-10-2010

Hoxe chuvisca, orballa, zarzalla… n´A Cruña, mais…


O ceo, un veo

De nimbos atronados,

 

Ises doentes nuboeiros

 

Maxinando agochar

O inagochable.

 

OU


O ceo un veo

De nimbos a agochar

O inagochable


 

Castelán


El cielo un velo

De nimbos atronados, 

 

Dolientes nubarrones

 

Pretendiendo ocultar

Lo inocultable


 

O 


El cielo un velo

De nimbos ocultando

Lo inocultable