Samadhi

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Haikus, Poemas propios | Posted on 19-05-2010

 

NO SEO A LÚA

E AS ESTRELAS SERENAS

SEN UNHA NUBE

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Sam%C4%81dhii

 

Nota pr@s amig@s non galegofalantes: Iste haiku -se cadra un dos poucos bos que me veu ata o de agora, por mor, precisa/mente, da súa sinxeleza- entraña un calambur intraducible entre as palabras ceo (cielo) e seo (seno, en todas as súas acepcións).

Quince haikus de meu

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Haikus, Poemas propios | Posted on 17-05-2010

 

I

O ceo en si

As faias a ondularen

A tarde couga

II

Na mera orballo

No orballo escuro un claro

A cotovía

III

Primeiro sol

Trala néboa alampando

Unha chorima

IV

Na podredume

Que está a xerar o outono

Falan as rosas

V

Unha camelia

Soa entre a soidade

Das follas soas

VI

No Seixo Branco

A brétema e a xerfa

Clamando ó ceo

VII

No mar a lúa

Deita os seus lampos murchos

Onda tras onda

VIII

Cu-cú cu-cú

Cu-cú cu-cú cucando

A primavera

IX

Orballo e follas

Tremendo baixo o canto

Do Rei Señor

X

Por un piñeiro

Levado polo vento

Lisca o esquío

XI

Su o paraugas

Medrando da figueira

O merlo mudo

XII

Escintilando

No mar está o reflexo

Da flor da fonte

XIII

Co Arco da Vella

O Sol sae a cazar

Os nuboeiros

XIV

A bubeliña

Non deixa de acordarme

O que non son

XV

Imperceptible

O vento vai mudando

Un ceo hipnótico

NOTA: Istes haikus pertencen a un libro inédito titulado Uguisu: cento e un haikus propios e alleos, e hoxe, Día das Letras Galegas, quero llos dedicar a Uxío Novoneyra, que tanto aprendeu e nos aprendeu do espírito zen.

As dúas obras de sumi-e que inclúo niste post son: “Sanctuary” de Jean Kigel e “Hana” de Marilyn Carter, dous artistas formidables.