Tres audios da estrea de “Música para un Ouveo”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios, Obras de outros artistas, Recitais, Traducións | Posted on 07-05-2011

Gravación en directo da estrea absoluta da obra “Música para un Ouveo” (Música para un Aullido), en A Coruña, 3 de setembro do 2009.

Música de Borja Costa sobre textos de Allen Ginsberg.

Recitador e tradutor: Xoán Abeleira
Violín I: Andrés Cruz
Violín II: Elisa Raposo
Viola: Sara Gómez Yunta
Violoncello: Guillermo Martínez Concepción

Piano: José Ramón García Vázquez

Dirección: Borja Costa 

http://www.cyberdaws.com/video/-ow3MWtW_RQ&feature=youtube_gdata_player

http://youtu.be/Wt0FqtfEh28

http://youtu.be/xHv-HXHPIkM

Concerto/ Estrea de Fuso Negro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in concertos, Recitais | Posted on 24-01-2011

O vindeiro venres 28, estreo, estreamos NOVO PROXECTO. Estades tod@s convidad@s:

http://fusonegro.blogaliza.org/

 

“Terra Berger”, por Tono Galán

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Recitais, Vídeos | Posted on 20-07-2010

TERRA BERGER from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Tonantzin co grupo Afrogaia

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas propios, Recitais, Vídeos | Posted on 12-06-2010

http://vimeo.com/12492643

Xoán Abeleira by Déborah Vukusic

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas propios, Recitais, Vídeos | Posted on 11-06-2010

Gravado na Libraría La fugitiva, Madrid, 8 de maio dp 2010,

coa colaboración especial de Ada Salas.

“O xénero humano é a Internacional…”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Comentarios fóra de lugar, Recitais, Vídeos | Posted on 06-06-2010

Onte, no acto da Refundación/Reactivación da Esquerda fun MOI feliz vendo tantísima xente feliz. Cincocentas persoas. Mesmo a policía nacional se emocionou, imaxinade! Unha señora resumiu o sentir colectivo dicindo ¨hoxe devolvésteme a esperanza¨. O certo é que o de onte foi un éxito total, xeral, comunitario no que nós, os músicos Álvaro Muras, Karlos Barral, Julio Cuns e máis eu, non fomos, xaora, máis ca un fío condutor das múltiples enerxías positivas presentes. E se de algo me decatei ó sentir tantos parabéns, tantos bicos, tantas apertas, é de que Gandhi tiña razón: a acción, abofé, ha de avanzar canda o espírito, e o mellor xeito de transformarnos nós e de transformar a sociedade e ir directamente ó corazón. Porque (Mahabbarata) “mesmo a persoa máis cruel alberga dentro de si a súa humanidade”.

Oxalá, daquela, que isto serva pra unirnos dunha vez fronte a Moloch, nesta época na que parece que temos (de) todo pero sentímonos baleiros, aboiando na Nada.

PEOPLE HAVE THE POWER!!!!!!

Refundando a Esquerda: unha xuntanza de encontro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Recitais | Posted on 31-05-2010

Iste sábado día 5 de xuño, ás 11.30 da mañá, no Teatro Principal de San Iago, terá lugar a primeira xuntanza de “Refundando a Esquerda”, unha nobre e loable iniciativa (coido e espero eu) promovida por Esquerda Unida, mais á que están convidados tódolos grupos antifascistas e anticapitalistas, maioritarios ou minoritarios, da Esquerda galega. Os promotores honráronme ó pensar en min coma a persoa axeitada pra presentar e guiar iste acto, e, malia non ser eu de ningún partido político, nin querer singularizarme a prol de ningún diles, aceptei a proposta. Total que alí estarei, acompañado de tres grandes compañeiros e músicos (Álvaro Muras, Karlos Barral e Julio Cuns), recitando e enfiando as intervencións d@s compañeir@s poñentes (dende Méndez Ferrín a Eliseo Fernández, pasando por Mariluz Maset ou Yolanda Díaz). Abofé, quedades tod@s invitad@s a participar na xuntanza (a entrada e a saída son libres!), e niste blog podedes achar máis información ó respecto:

http://refundando.blogaliza.org/

Polo demais… NIN DEUS NIN AMO.

Miraxes: “Música para un Ouveo”

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Críticas, Recitais, Vídeos | Posted on 22-04-2010

Crítica de “Música para un Ouveo” from Xoán abeleira on Vimeo.

Gracias/Grazas ó meu máis que querido amigo Héctor Santos-Díez (se cadra o mellor fotógrafo de arquitectura que hai arestora na Galiza), descubro iste vídeo de “Miraxes” que non vin no seu día. Faime moita ilusión que o presente Antón Lopo, pois il estivo no recital-concerto de Vigo e… En fin, fíxome a maior loanza que recibín endexamais coma creador (cousa que, xaora, non penso repetir eiquí pero que tampouco non esquecerei na vida).
Eis, xa que logo, pra vós, benquerid@s, un anaquiño daquela experiencia formidable, marabillosa pra min, pra nós: todas e todos os meus compañeiros de equipa, empezando polo compositor Borja Costa, que escribiu unha peza milagrosa…