Eloxio de Novoneyra

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Ilustracións de meu, Traducións | Posted on 10-05-2010

O 4 de xaneiro de 1960, o filósofo e escritor francés Albert Camus (“un anarquista convencido”, consonte a Wikipedia) morría de súpeto nun accidente de tráfico en Le Petit-Villeblevin, moi perto da súa casa de Lourmarin, vila da Provenza á que se trasladara por consello do seu amigo René Char. Se cadra ise mesmo mes, onda o seu lar de Parada, Folgoso do Courel, Uxío Novoneyra lle dedicaba unha das súas mellores elexías (reeditadas agora, xunto cun cedé e en versión bilingüe, por Alvarellos Editora: Tempo de Elexía, San Iago de Compostela, 2010). Un poema digno dos grandes videntes do século XX; digno de Hughes ou do propio Char –dous irmaos ós que Novoneyra está vencellado por vínculos máis que sanguíneos…

Elexía a Albert Camus

Estou velándote, exposto á noite…
Anseio é nova?

                               Dun laio autro da curuxa
a pregunta faise contestada e tórnase pregunta.

Velarei deica que volva a folla.

(Versión miña en castelán)

Estoy velándote, expuesto a la noche…
¿Anhelo es noticia?

                                        De un lamento a otro de la lechuza
la pregunta nace contestada y deviene pregunta.

Velaré hasta que vuelva la hoja.

NOTA: A miña versión ó castelán (incluída eiquí pra axudar a difundir en España a obra dun noso mestre innegable) difire nun verso da que fixo Novoneyra, o cal non implica que sexa mellor nin peor, simplemente distinta. Verso que tamén podería traducirse así: “la pregunta deviene respuesta y de nuevo pregunta.” Sempre coa idea que Novoneyra semella expresar: que a pregunta, xa en facéndoa, queda contestada.

Manoel Antonio e o Anarquismo n’O Levantador de Minas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos alleos, Ilustracións de meu | Posted on 05-02-2010

 

http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2006/03/26/manuel-antonio-e-o-anarquismo/

Desfile de Pantasmas ou The Soldiers

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Ilustracións de meu | Posted on 28-01-2010

copyrights: x. a.