Heaven

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Cancións sublimes, Estelas, Vídeos | Posted on 19-12-2010

Esta ledicia de arestora ten algo de “namoramento” mais non é a do tal. É outra moito mellor, máis sutil pero máis fonda. Unha ledicia sen obxecto…

Toda unha vida

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Obras de outros artistas, Vídeos | Posted on 08-12-2010

Xa está pendurada en NotodoFilmFest. a curta de Tono Galán baseada nun relato de Begoña Paz e interpretada por Deborah Vúkusic e a propia Paz. Unha obra coa que tod@s gozamos profundamente. Espero que vos guste.
P.S. Canta máis xente a vexa, e máis veces, máis probabilidades terá de gañar, xaora.  Máis adiante poderedes ver a versión orixinal en galego (algo máis longa ca esta).

http://www.notodofilmfest.com/index.php?corto=24920#/Home/Ficha/24920/

“O libro vermello” de Jung

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Propostas culturais, Vídeos | Posted on 19-11-2010

 

 “O único perigo real que existe pró ser humano é il mesmo” (C. G. Jung)

http://es.wikipedia.org/wiki/Libro_Rojo_(Jung)  

http://homepage.mac.com/eeskenazi/LibroRojoJung.html

“Tonantzin” no I Encontro de Milpedras

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas propios, Vídeos | Posted on 02-11-2010

Improvisación, cos músicos Karlos Barral, Dúbi Baamonde e o pintor Ali Ali.

Filmado por Alfredo Ferreiro.

No centenario de Miguel Hernández

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Audios radio, In memoriam, Poemas alleos, Vídeos | Posted on 30-10-2010

Un sistema perverso (pero lucrativo)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Artigos de La Opinión de A Coruña, Cancións sublimes, Vídeos | Posted on 17-10-2010

 

A democracia é o último refuxio do capitalismo”

(Lema anarquista)

 

A nosa sociedade está dirixida por xente insá

que persegue obxectivos insáns.

Estamos en maos duns maníacos

que perseguen uns fins maníacos...”

(John Lennon) 

 

O hardware do sistema capitalista é tan mal intencionado, tan retorto, tan hipócrita, tan perverso que foi quen mesmo de converter a traxedia dos mineiros chilenos nunha ben lucrativa película: a noticia máis vista na historia da televisión. Raros foron os compañeiros xornalistas que durante estas semanas, no canto de estrullar os detalles morbosos, lacrimóxenos, sensacionalistas do “rescate”, se atreveron a falar das vergoñentas razóns que provocaron ise desastre: a explotación á que cadora está sometida esa clase traballadora e, máis concretamente, ises pobos indíxenas, e as condicións inhumanas nas que se consumen.

Nin Deus deu un chío. Dende o Papa ó Rei de España, dende o Presidente de Francia ó de Estados Unidos, ningún mandatario alzou a súa voz pra denunciar iste novo atentado contra os dereitos humanos que continúan a violarse en tódolos recunchos do planeta (incluídos, abofé, os dos devanditos).

         Catro exemplos:

1- No que levamos de ano, xa morreron en Chile trinta e dous mineiros (un diles hai apenas uns días) e é moi probable que non remate o 2010 sen que esa cifra iguale ou supere á dos trinta e tres superviventes da mina de San José.

2 – Os distintos movementos político-sociais da esquerda internacional levan dende a súa orixe loitando contra a explotación laboral infantil. En España, xa no 1908, durante o I Congreso de Solidariedade Obreira (o antecedente da CNT) se abordou esta lacra. Mais agora, case que dous séculos despois daquiles primeiros berros fronte a inxustiza, cántos nenos e cántas nenas continúan a ser explotados no mundo? O propio Mario Gómez, o mineiro chileno máis veterano do grupo, enfermo de silicose e de pneumonía, comezou a choiar ós doce anos! E o seu, ende mal, non é un caso insólito senón moi habitual en Chile e en case que tódalas nacións de tódolos continentes.

3 – Tamén a principios de século, os obreiros e os campesiños europeos e americanos xa reivindicaban a xornada laboral de oito horas (e algúns mesmo de cinco horas, pra que así tivesen traballo máis compañeiros e compañeiras). Pero arestora, cántas horas choian ó día non só os mineiros senón a meirande parte dos traballadores dos países ricos – e xa non digamos os dos países pobres? Unha media de doce horas.

4 – Tralo peche da mina de San José, trescentos obreiros quedan agora sen traballo. Trescentos familias quedan sen sustento.

É certo que niste drama con happy end, filmado e retransmitido en vivo e en directo (e do que, como xa nos temiamos, haberá pronto un remake igual ou máis lucrativo) hai heroes e ben heroes, mais tamén moitos viláns: todos aquiles que, unha vez máis, denantes e despois de que sucedese a traxedia, sacaron partido e beneficio da miseria allea. Conseguindo, asemade, o peor dos seus propósitos: a desactivación e a desconcienciación política dos propios explotados que, convertidos agora en estrelas famosas, en “grandes patriotas”, no paradigma mesmo do “espírito de sacrificio” (Juan Carlos I dixit), se prestarán encantados a xogar ó Monopoly.

 

Addendum: Sempre tiven e sigo a ter unha inmensa admiración polos chilenos quen, abofé, demostraron moitas veces a súa afouteza e o seu compromiso durante períodos infernais da súa historia. Mais, precisamente por iso, non podo comprender cómo, no canto de saíren á rúa a festexar o que os seus explotadores e os medios de comunicación que serven a istes denominaron “o éxito dun pobo”, non están a esixir masivamente unha nova lei que regule XA as súas penosas condicións laborais. E, de paso, a caída dos vampiros que lles chuchan o sangue.

 

A tódolos Manueles e a tódalas Amandas do mundo, incluídos os meus avós anarquistas, Manuel Abeleira e Elvira Suárez.

A voz e a imaxe de Apollinaire

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas alleos, Vídeos | Posted on 14-10-2010

Por debaixo da Ponte Mirabeau flúe o Sena…

 

Alba

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas propios, Vídeos | Posted on 07-10-2010

Alba from Xoán abeleira on Vimeo.

Homenaxe a John Berger e ás vítimas do franquismo

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas alleos, Poemas propios, Vídeos | Posted on 27-09-2010

“Patacas” de John Berger from Xoán abeleira on Vimeo.

Poema “Non Si” de Xoán Abeleira from Xoán abeleira on Vimeo.

José Antonio Labordeta

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Artigos alleos, In memoriam, Vídeos | Posted on 20-09-2010

Tiven a honra de coñecer a e de falar con José Antonio Labordeta en varias ocasións. Lembro especialmente unha noite en Teruel, após unha homenaxe ó seu irmao Miguel, un poeta extraordinario ó que cómpre ler e reler, coma ó propio José Antonio.

Coñecín a toda a súa familia. Mormente a Ana Labordeta -unha das mellores actrices da súa xeración-, que foi compañeira e amiga miña no Laboratorio William Layton, coa que fundei unha ompañía teatral (efémera) e a quen mesmo dirixín na que foi a súa primeira aparición pública nun teatro (o Teatro do Mercado, en Zaragoza), interpretando á protagonista dunha peza curta de Tennesee Williams: Fálame coma a chivia e déixame sentir… De feito vina hai pouco, cando pasou por eiquí cunha obra na que actuaba con Federico Lupi. Lembramos vellos tempos, pregunteille polo seu pai, e pedinlle que lle dese a Lupi da miña parte un libro sobre a historia do anarquismo galego…

A morte de Labordeta aféctame sincera e profundamente. Todo o que se poda dicir de bo dil seméllame pouco. Mais a súa existencia foi realmente útil. Cumpríu a súa misión nesta existencia súa dun xeito nobre, xusto e cabal. Así que é imposible que non tivese unha boa morte.

http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2010/09/20/opinion-amado-labordeta/421400.html

http://www.publico.es/espana/337487/reflexiones/labordeta/publico

http://www.publico.es/culturas/337527/adios/voz/coherencia

P.S. Amais distes e doutros artigos publicados hoxe, podedes achar unha chea de entrevistas e artigos verbo de Labordeta no espléndido blog de Antón Castro. O segundo link remite ós artigos que J.A.L. escribíu no xornal El Público.