Jean-Pierre Duprey traducido por Álvaro Cunqueiro

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Traducións alleas | Posted on 21-11-2017

O meu amigo e compañeiro do GSG, Xesús González Gómez, envíame iste novo achado: un poema de Duprey traducido, con pseudónimo, por Cunqueiro:
Scan-1

Surreal Campo das Estrelas

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Amig@s, Artigos alleos, Superrealismo | Posted on 01-11-2017

O mestre que non se cre tal, Xesús González Gómez, envíame iste artigo de Álvaro Cunqueiro -que os honra sobremaneira, a Cunqueiro e a González, quen o recolleu nun volume de artigos do primeiro.
Sempre me pareceu moi inxusto que a maioría dos poetas do 27 -agás excepcións, coma Cernuda- negasen a innegable influencia do superrealismo nas súas obras -cando, sen il, nin Lorca, nin Aleixandre, nin Alonso… terían escrito as súas mellores obras. E, niste senso, non podo senón quitarme o chapeu dediante de Cunqueiro.
Eluard compostela

A DOUTÁN. Xornadas surrealistas.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Exposicións, Presentacións, Propostas culturais | Posted on 25-10-2017

 

Xornadas surrealistas co gallo da presentación da exposición ¨A VIDA DENDE O OUTRO LADO: O surrealismo galego-portugués”, prevista para febreiro-marzo do 2019, na Coruña.

Venres 27 de outubro
17.30 Integracion activa na xeroperformance do creador brasileiro
Paulo Bruscky.
18.00 Relatorio de soños. Onilirismo, falando abertamente cos ollos pechados.
19.30 Creacións poético-musicais de João Sousa.
20.00 Posta en común do libro ¨O pronunciábel dia da súa morte¨, de Xesús González Gómez (verbo da recepción na Península Ibérica da noticia do pasamento de André Breton) e mais doutras diversas publicacións do Grupo Surrealista Galego.

Sábado 28 de outubro
18.00 ¨A lingua das pedras¨, faladoiro verbo do amor tolo polas pedras no xamanismo, no celtismo, no romanticismo, no simbolismo e no surrealismo. Coios e coídos como plataformas cara ó outro lado. Mostra de pedras intervidas a doután por divers@s convidad@s.
19.30 Liberdade poética, liberdade de acción.
19.30 Performance de Enrique Tenreiro.
20.30 ¨A vida dende o outro lado¨, presentación do proxecto. Un pasado en presente cara ó futuro…

Organizan e coordinan:
Tono Galán + Xoán Abeleira
co apoio da Concellería de Cultura da Coruña e maila Fundación Luís Seoane.
Participan e colaboran inmensamente: Tiago Alves, Isabel Andrade, Arturo Casas, Pedro Casteleiro, Roberto Castro, Javier Correa Corredoira, François Davo, Julián Díaz, Alfredo Ferreiro, Xesús González Gómez, Begoña Paz, Begoña Pastoriza, Xulia Regueiro, Sol Rivas, Blanca Silva, João Sousa, Enrique Tenreiro, Sofía Torreiro, Ramiro Torres, Karlotti Valle, Ana Zapata…
e vós…outr@s… e máis…
pois estamos abert@s ó Aberto…
SEMPRE A DOUTÁN.

https://www.facebook.com/events/871483949674274/

Automonotipo (homenaxe a Ana Zapata)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Ana Zapata, Fotografías de meu | Posted on 16-06-2017

¨Monotipos¨, de Ana Zapata, na Cruña.

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Ana Zapata, Exposicións | Posted on 16-06-2017

Tagged Under :

Pola senda de San Amaro (Limerick)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in inéditos, Poemas propios | Posted on 16-05-2017

POLA SENDA DE SAN AMARO

(Limerick)

A lombos dun xinete sen cabalo

Trotaba ledamente o seu vasalo

Carrando un can palleiro cheo de pulgas:

Tropeza o cabaleiro – cae o vasalo –

Machuca o can – e os tres finan coas pulgas.

X.A.

A Alfred Jarry e Edward Lear.

Obra de Javier Pagola: “Cabalo pantasmal”.

Rêve: para Xesús González Gómez

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Poemas visuais | Posted on 22-03-2017

LER (SE)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Fotos alleas | Posted on 17-01-2017

… e ó vela tan embebida quixo berrarlle e calou: Monelle! Leme a min!
Marcel Schwob

NIERIKATE (traducións ó galego)

Posted by Xoán Abeleira | Posted in Traducións | Posted on 17-12-2016

… máis dun cento de autores, máis de trescentos textos

en prosa e e en verso…

O mor volume de traducións publicado na Galiza

ENCARGA O TEU EXEMPLAR AQUÍ

Obra da portada: Ana Zapata.

CINCUENTA ANIVERSARIO DA NON MORTE DE ANDRÉ BRETON

Posted by Xoán Abeleira | Posted in André Breton | Posted on 24-09-2016

Esta crise nosa é tan aguda que eu, pola miña banda, tan só vexo unha solución: chegou a hora de facer valer as ideas da muller en detrimento das do home, cuxa creba tumultuosa se consuma na actualidade[…] Que a arte non dubide en dar prioridade á suposta «irracionalidade» feminina, que teña ferozmente por inimigo todo aquilo que, alaudándose de ser certo, de ser sólido, leva en realidade a marca desa intransixencia masculina que, no plano das relacións humanas a nivel internacional, está demostrando, arestora, do que é capaz. Xa non é momento de entreterse a este respecto en veleidades, en concesións máis ou menos vergoñentas, senón de pronunciarse […] claramente en contra do home e a prol da muller; de desposuír ó home dun poder do que, como xa demostrou tantas veces, abusa ata a saciedade, para poñelo ó fin en mans da muller; de denegar ó home todas as súas demandas mentres a muller non recobre a parte equitativa que lle corresponde dese poder. E isto non só na arte senón na vida.

André Breton, Arcano 17
(incluído en Pleamargen)

Elisa Bindorff

elisa